Gizeh ou Xizá (en , e en ) é unha cidade próxima ao Cairo, no suroeste da cidade, a poucos quilómetros na ribeira do Nilo. É capital da provincia (muhafazah) de Al Jizah e a terceira maior cidade do Exipto, con 2 443 490 habitantes (2005).

miniatura|250px|As pirámides da Necrópole de Gizeh. Trátase dun importante centro comercial, industrial, cultural e administrativo. Conta cunha produción diversificada como a maquinaria, a industria química ou o tabaco.

A cidade posúe barrios musulmáns tradicionais así como luxosas urbanizacións ao longo do río e moitas embaixadas estranxeiras e sedes de órganos do goberno. As institucións educativas inclúen a Academia da Lingua Árabe, un Instituto de estudos de oftalmoloxía ou a Universidade do Cairo xa dende 1924.

Nela atópase a Meseta de Giza, na que se sitúa a famosa Necrópole de Gizeh, utilizada durante o Antigo Exipto, principalmente durante o Imperio Antigo.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Gran Pirámide de Gizeh Grande Esfinxe de Gizeh Necrópole de Gizeh

Categoría:Cidades de Exipto