Nikola Tesla (en cirílico serbio: Никола Тесла), nado en Smiljan Imperio Austrohúngaro (hoxe en día Croacia) o 10 de xullo de 1856 e finado en Nova York o 17 de xaneiro de 1943, foi un físico, matemático, inventor, e enxeñeiro eléctrico serbio estadounidense e o promotor máis importante do nacemento da electricidade comercial. Coñécese, sobre todo, polas súas numerosas e revolucionarias invencións no campo do electromagnetismo, desenvolvidas a finais do século XIX e principios do século XX. As patentes de Tesla e o seu traballo teórico formaron as bases dos sistemas modernos de potencia eléctrica por corrente alterna (CA), incluíndo o sistema polifásico de distribución eléctrica hoxe en día chamado sistema trifásico e o motor de corrente alterna, que tanto contribuíron ao nacemento da Segunda revolución industrial.

Tesla era etnicamente serbioSeifer, Marc (1996). Wizard: The Life and Times of Nikola Tesla; Biography of a Genius. Secaucus, NJ: Carol Publishing Group.There is something in me which is only perhaps illusory," Tesla began, "[It is] like that which often comes to young, enthusiastic persons, but if I were to be sufficiently fortunate to bring about at least some of my ideas it would be for the benefit of humanity. ... If these hopes become one day a reality, my greatest joy would spring from the fact that this work would be the work of a Serb. xa que naceu na vila de Smiljan (hoxe en día en Croacia), no entón Imperio Austrohúngaro (aínda que algúns académicos romaneses afirman que era istroromanés).

Era cidadán do imperio austríaco por nacemento e máis tarde converteuse en cidadán estadounidense. Trala súa demostración de comunicación sen fíos por medio de ondas de radio en 1894 e logo da súa vitoria na guerra das correntes, foi amplamente recoñecido como un dos máis grandes enxeñeiros eléctricos dos Estados Unidos de América. Gran parte do seu traballo inicial foi pioneiro na enxeñaría eléctrica moderna e moitos dos seus descubrimentos foron de suma importancia. Durante este período nos Estados Unidos a fama de Tesla rivalizaba coa de calquera inventor ou científico na historia ou a cultura popular, pero debido á súa personalidade excéntrica e ás súas afirmacións aparentemente incribles e algunhas veces case inverosímiles, acerca do posible desenvolvemento de innovacións científicas e tecnolóxicas, Tesla foi finalmente relegado ao ostracismo e considerado un científico tolo. Tesla nunca prestou moita atención ás súas finanzas. Dise que morreu empobrecido á idade de 86 anos.

A unidade de medida do campo magnético B do Sistema Internacional de Unidades (tamén denominado densidade de fluxo magnético e indución magnética), o Tesla, foi chamado así no seu honor na Conférence Générale des Poids et Mesures (París, en 1960), como tamén o efecto Tesla de transmisión sen fíos de enerxía a dispositivos electrónicos (que Tesla demostrou a pequena escala coa lámpada incandescente en 1893), o cal pretendía usar para a transmisión intercontinental de enerxía a escala industrial no seu proxecto inconcluso, a Wardenclyffe Tower (Torre de Wardenclyffe).

Separadamente do seu traballo en electromagnetismo e enxeñaría electromecánica, Tesla contribuíu en diferente medida ao desenvolvemento da robótica, o control remoto, o radar, as ciencias da computación, a balística, a física nuclear, e a física teórica. En 1943, o Tribunal Supremo dos Estados Unidos de América acreditouno como o inventor da radio.U.S. Supreme Court, "Marconi Wireless Telegraph co. of America v. United States". 320 U.S. 1. Nos. 369, 373. Argued 9–12 April 1943. Decided 21 June 1943. Algúns dos seus logros foron usados, non sen controversia, para xustificar varias pseudociencias, teorías sobre OVNIS e sobre antigravidade, así como o ocultismo da New age e teorías sobre a teletransportación.

Traxectoria

Primeiros anos miniatura|esquerda|En 1879, a idade de 23 anos. Nikola Tesla naceu o 10 xullo (segundo o seu certificado de bautismo foi o 28 xuño) de 1856 de pais serbios na vila de Smiljan, entón parte do imperio austrohúngaro (a día de hoxe parte de Croacia). O seu pai foi Milutin Tesla, un sacerdote da igrexa ortodoxa serbia na xurisdición de Sremski Karlovci, e a súa nai Đuka Mandici.

Pénsase que a súa orixe paterna provén dalgún dos clans serbios do val do río Tara, ou ben do nobre hercegovino Pavle Orlović. A súa nai, Đuka, proviña dunha familia domiciliada en Lika e Banija, pero con profundas orixes morlacas en Kosovo. Ela tiña talento para fabricar ferramentas artesanais caseiras e memorizou numerosos poemas épicos serbios, aínda que nunca aprendeu a ler.Seifer, "Wizard" p. 7

Foi o cuarto de cinco fillos, tendo un irmán máis vello chamado Dane, quen morreu nun accidente de equitación cando Nikola tiña 9 anos, e tres irmás (Milka, Angelina e Marica).Margaret Cheney, Robert Uth, and Jim Glenn, "Tesla, Master of Lightning". Barnes & Noble Publishing, 1999. ISBN 0-7607-1005-8. A súa familia trasladouse a Gospić en 1862. Tesla asistiu á escola Gymnasium Karlovac en Karlovac, onde completou o plan de estudos de catro anos no termo de tres.Walker, E. H. (1900). Leaders of the 19th century with some noted characters of earlier times, their efforts and achievements in advancing human progress vividly portrayed for the guidance of present and future generations. Chicago: A.B. Kuhlman Co., p, 474. miniatura|esquerda|190px|Milutin Tesla, sacerdote da Igrexa ortodoxa serbia, pai de Nikola Tesla. En 1875 comezou os seus estudos universitarios na Universidade de Graz onde estudou enxeñaría eléctrica. Mentres estivo alí estudou os usos da corrente alterna. Algunhas fontes afirman que recibiu a licenciatura da Universidade de Graz;"The Book of New York: Forty Years' Recollections of the American Metropolis" says he matriculated 4 degrees (physics, mathematics, mechanical engineering and electrical engineering)Harper's Encyclopædia of United States History from 458 A.D. to 1906. Harper & brothers 1905. Page 52. con todo a universidade afirma que non recibiu ningún grao e que non continuou máis alá do segundo semestre do terceiro ano, durante o cal deixou de asistir ás clases.Nikola Tesla: the European Years , D. Mrkich. Cited in Seifer, Marc, The Life and Times of Nikola Tesla, 1996 En decembro de 1878 deixou Graz e deixou de relacionarse cos seus familiares. Os seus amigos pensaban que afogara no río Mura. Dirixiuse a Maribor (hoxe Eslovenia), onde obtivo o seu primeiro emprego como axudante de enxeñaría, traballo que desempeñou durante un ano. Durante este período sufriu unha crise nerviosa. Tesla foi posteriormente persuadido polo seu pai para asistir á Universidade Carolina de Praga, o que fixo durante o verán de 1880. Alí foi influenciado por Ernst Mach. Con todo despois de que o seu pai falecese, deixou a universidade, completando soamente un curso.

Tesla pasaba o tempo lendo moitas obras e memorizando libros completos, xa que supostamente posuía unha memoria fotográfica. Tesla relatou na súa autobiografía que en certas ocasións experimentou momentos detallados de inspiración. Durante a súa infancia sufriu varios episodios de enfermidade. Tiña unha afección moi peculiar, a cal provocaba que cegadores flash de luz aparecesen ante os seus ollos, con frecuencia acompañados de alucinacións. Normalmente as visións estaban asociadas a unha palabra ou idea que lle roldaba a cabeza. Outras veces, estas dábanlle a solución a problemas que se lle suscitaran. Simplemente con escoitar o nome dun obxecto, era capaz de visualizalo de forma moi realista. Actualmente a condición chamada sinestesia presenta síntomas similares. Tesla podía visualizar unha invención no seu cerebro con precisión extrema, incluíndo todas as dimensións, antes de iniciar a etapa de construción; unha técnica algunhas veces coñecida como pensamento visual. Non adoitaba debuxar esquemas, en lugar diso concibía todas as ideas só coa mente. Tamén en ocasións tiña reminiscencias de eventos que lle sucederon previamente na súa vida; isto comezou durante a súa infancia. miniatura|220px|Campo magnético rotativo nun motor de indución de tres fases. En 1880, trasladouse a Budapest para traballar baixo as ordes de Tivadar Puskás nunha compañía de telégrafos,James Grant Wilson, John Fiske, Appleton's Cyclopædia of American Biography. P. 261. a compañía nacional de teléfonos. Alí coñeceu a Nebojša Petrović, un mozo inventor serbio que vivía en Austria. Malia que o seu encontro foi breve, traballaron xuntos nun proxecto usando turbinas xemelgas para xerar enerxía continua. Para cando se produciu a apertura da central telefónica en 1881 en Budapest, Tesla converteuse no xefe de electricistas da compañía, e foi máis tarde enxeñeiro para o primeiro sistema telefónico do país. Tamén desenvolveu un dispositivo que, segundo algúns, era un repetidor telefónico ou amplificador, pero que, segundo outros, puido ser o primeiro altofalante."Did Tesla really invent the loudspeaker?". 21st Century Books, Breckenridge, CO.

Francia e os Estados Unidos En 1882 Tesla trasladouse a París, Francia, para traballar como enxeñeiro na Continental Edison Company (unha das compañías de Thomas Alva Edison), deseñando melloras para o equipo eléctrico traído do outro lado do océano grazas ás ideas de Edison. Segundo a súa biografía, no mesmo ano, Tesla concibiu o motor de indución e iniciou o desenvolvemento de varios dispositivos que usaban o campo magnético rotativo, polos cales recibiu patentes en 1888.

Pouco despois, Tesla espertou dun soño no cal a súa nai morrera, «e eu souben que iso sucedera». Tras isto, Tesla caeu doente. Permaneceu dúas ou tres semanas recuperándose en Gospić e na localidade de Tomingaj preto de Gračac, o lugar de nacemento da súa nai.

En xuño de 1884, Tesla chegou por primeira vez aos Estados Unidos, á cidade de Nova York,"Master of Lightning" by Public Broadcasting Service. Website con pouco máis que unha carta de recomendación de Charles Batchelor, un antigo empregado. Na carta de recomendación a Thomas Edison, Batchelor escribiu, «coñezo a dous grandes homes, vostede é un deles; o outro é este mozo». Edison contratou a Tesla para traballar na súa Edison Machine Works. Comezou a traballar para Edison como un simple enxeñeiro eléctrico e progresou rapidamente, resolvendo algúns dos problemas máis difíciles da compañía. Ofrecéronlle ata a tarefa de redeseñar completamente os xeradores de corrente continua da compañía de Edison.

Tesla afirmaba que lle ofreceron US$ 50 000 (~ US$1,1 millóns en 2007, axustado por inflación)http://www.westegg.com/inflation/ Adjusting the reported given amount of money for inflation, the US$50,000 in 1885 would equal US$1,140,112.60 in 2007 por redeseñar os ineficientes motores e xeradores de Edison, mellorando tanto o seu servizo como a súa economía. En 1885, cando Tesla preguntou sobre o pago polo seu traballo, Edison replicou, "Tesla, vostede non entende o noso humor estadounidense," rompendo así a súa palabra.Clifford A. Pickover, Strange Brains and Genius: The Secret Lives of Eccentric Scientists and Madmen. HarperCollins, 1999. 352 pages. P. 14. ISBN 0-688-16894-9"My Inventions" by Nikola Tesla, printed in Electrical Experimenter Feb–June, 1919. Reprinted, edited by Ben Johnson, New York: Barnes & Noble, 1982. ISBN Cun soldo de só 18 dólares á semana, Tesla tería que traballar 53 anos para reunir o diñeiro que lle foi prometido. A oferta era igual ao capital inicial da compañía. Tesla renunciou ao seu emprego de inmediato cando se lle denegou un aumento de 25 dólares á semana.Jonnes,"Empire of light" p. 110

Tesla, necesitado de traballo, atopouse a si mesmo cavando gabias para a compañía de Edison por un curto período de tempo, o que aproveitou para concentrarse no seu sistema polifásico de CA.

Anos posteriores miniatura|200px|Nikola Tesla, co libro de Ruđer Bošković Theoria Philosophiae Naturalis, fronte á espiral da bobina do seu transformador de alta voltaxe en East Houston Street, Nova York.