John Christopher Depp II, nado en Owensboro, Kentucky, o 9 de xuño de 1963, é un actor, produtor e músico estadounidense. Gañou un Globo de Ouro e un Premio do Sindicato de Actores ó mellor actor.
Depp acadou a fama coa serie de televisión dos anos 1980 21 Jump Street, na que se converteu nun ídolo adolescente. Insatisfeito con esa condición, Depp empezou no cine para obter papeis que supuxeran un desafío maior. Interpretou o papel protagonista na aclamada Edward Scissorhands (1990) e posteriormente obtivo un grande éxito en filmes coma Sleepy Hollow (1999), Charlie e a fábrica de chocolate (2005), Alice in Wonderland (2010), Rango (2011) e a serie de Pirates of the Caribbean. Colaborou co director, e amigo seu, Tim Burton en oito filmes; sendo o último Sombras tenebrosas (2012).
Depp gañou o recoñecemento polas súas actuacións interpretando a Ed Wood en Ed Wood, Joseph D. Pistone en Donnie Brasco, Hunter S. Thompson en Fear and Loathing in Las Vegas, George Jung en Blow, Jack Sparrow na saga Pirates of the Caribbean, e ó ladrón de bancos John Dillinger en Public Enemies. Os filmes protagonizados por Depp tiveron no seu conxunto unha recadación de máis de $3,1 billóns nos Estados Unidos e $7,6 billóns arredor do mundo. O seu maior éxito comercial foron os filmes da serie Pirates of the Caribbean que recadaron 3.727 millóns de dólares, Alice in Wonderland que acadou 1.024 millóns, Charlie and the Chocolate Factory con 474 millóns e The Tourist con 278 millóns.
Traxectoria Cando era moi novo mudouse a Miramar, Florida. Os seus pais divorciáronse cando Depp tiña 16 anos de idade. O seu interese pola música espertou ao recibir unha guitarra coma agasallo da súa nai. De adolescente, formou parte de diversos grupos musicais, entre eles, o máis coñecido, The Kids. The Kids logrou acadar certo recoñecemento en Florida, chegando incluso a ser abreconcertos de Iggy Pop. Aos 18 anos trasladouse aos Ánxeles na busca dunha carreira no mundo da música. Casou cunha maquilladora, e foi ela quen lle presentou ao xove actor Nicolas Cage, quen lle aconsellou a Depp desistir nos seus intentos de lograr fama coma cantante de rock. Presentoulle ao seu axente, quen lle conseguiu o seu primeiro papel, na clásica película de terror A Nightmare on Elm Street (1984) de Wes Craven.
Carreira como actor Interpretou papeis tan diversos coma un xove con tesoiras no canto de mans, o peor director da historia do cine Edward D. Wood Jr., o máis grande amante de tódolos tempos en Don Juan De Marco, un axente encuberto do FBI en Donnie Brasco, o alter ego do escritor e periodista Hunter S. Thompson na película de culto Fear and Loathing in Las Vegas e recentemente ó pirata Jack Sparrow en Piratas do Caribe.
Na actualidade, unha das colaboracións máis recoñecidas é a que forman Johnny Depp e Tim Burton. Contribuíu con el en varias oportunidades, en Edward Scissorhands, Ed Wood, Sleepy Hollow, Charlie e a fábrica de chocolate, e dando voz a Victor Van Dort, protagonista de A noiva cadáver, entre outras.
Foi candidato ao Óscar ao mellor actor en tres ocasións, e en cinco ocasións ao premio de mellor actor nos Globos de Ouro.
Filmografía + Ano Título Papel Notas 1984 A Nightmare on Elm Street Glen Lantz 1985 Private Resort Jack Marshall 1986 Slow Burn Donnie Fleischer 1986 Platoon Especialista Gator Lerner 1990 Cry-Baby Wade "Cry-Baby" Walker 1990 Edward Scissorhands Edward Scissorhands 1991 Freddy's Dead: The Final Nightmare Adolescente na TV Cameo 1993 A quen ama Gilbert Grape? Gilbert Grape 1993 Benny e Joon Sam 1993 Arizona Dream Axel Blackmar 1994 Ed Wood Edward D. Wood, Jr. 1995 Nick of Time Gene Watson 1995 Dead Man William Blake 1995 Don Juan DeMarco Don Juan/John R. DeMarco 1996 Cannes Man El mesmo 1997 Donnie Brasco Donnie Brasco/Joseph D. Pistone 1997 The Brave Raphael 1998 Fear and Loathing in Las Vegas Raoul Duke 1998 L.A. Without a Map El mesmo/William Blake Cameo 1999 Sleepy Hollow Ichabod Crane 1999 The Astronaut's Wife Spencer Armacost 1999 The Ninth Gate Dean Corso 2000 Chocolat Roux 2000 Before Night Falls Tenente Victor, Bon Bon 2001 From Hell Frederick Abberline 2000 The Man Who Cried Cesar 2001 Blow George Jung 2003 O mexicano Sheldon Sands 2003 Pirates of the Caribbean: The Curse of the Black Pearl Jack Sparrow 2004 Happily Ever After L'inconnu Cameo 2004 Finding Neverland J. M. Barrie 2004 Secret Window Mort Rainey 2004 The Libertine John Wilmot 2005 Charlie e a fábrica de chocolate Willy Wonka 2005 A noiva cadáver Victor Van Dort Voz 2006 Pirates of the Caribbean: Dead Man's Chest Capitán Jack Sparrow 2007 Pirates of the Caribbean: At World's End Capitán Jack Sparrow 2007 Sweeney Todd, o barbeiro diabólico de Fleet Street Sweeney Todd/Benjamin Barker 2009 Public Enemies John Dillinger 2009 The Imaginarium of Doctor Parnassus Tony (Primeira transformación) Compartiu papel con Colin Farrell e Jude Law despois da morte de Heath Ledger 2010 Alice in Wonderland Sombreireiro tolo 2010 The Tourist Frank Tupelo/Alexander Pearce 2011 Rango Rango Voz 2011 Pirates of the Caribbean: On Stranger Tides Capitán Jack Sparrow 2011 The Rum Diary Paul Kemp 2011 Jack and Jill El mesmo Cameo 2011 Hugo M. Rouleau 2012 21 Jump Street Cameo 2012 Sombras tenebrosas Barnabas Collins 2013 The Lone Ranger Tonto 2013 Lucky Them Matthew Smith Cameo 2014 Transcendence Dr. Will Caster 2014 Tusk Guy LaPointe 2014 London Fields Mark Asprey 2014 Into the Woods The Big Bad Wolf 2015 Mortdecai Charles Mortdecai Post-production 2015 Black Mass: Misa negra Whitey Bulger
Premios e nomeamentos Oscar Ano Categoría Película Resultado2008 Mellor actor Sweeney Todd, o barbeiro diabólico de Fleet Street Nomeado2005 Mellor actor Finding Neverland Nomeado2004 Mellor actor Pirates of the Caribbean: The Curse of the Black Pearl Nomeado
Globo de Ouro Ano Categoría Película Resultado2008 Mellor actor - Comedia ou musical Sweeney Todd, o barbeiro diabólico de Fleet Street Gañador2007 Mellor actor - Comedia ou musical Pirates of the Caribbean: Dead Man's Chest Nomeado2006 Mellor actor - Comedia ou musical Charlie e a fábrica de chocolate Nomeado2005 Mellor actor - Drama Finding Neverland Nomeado2004 Mellor actor - Comedia ou musical Pirates of the Caribbean: The Curse of the Black Pearl Nomeado1995 Mellor actor - Comedia ou musical Ed Wood Nomeado1994 Mellor actor - Comedia ou musical Benny e Joon Nomeado1991 Mellor actor - Comedia ou musical Edward Scissorhands Nomeado
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina sobre o actor
Categoría:Actores de Kentucky Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de voz dos Estados Unidos de América Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1963 Categoría:Nados en Kentucky Categoría:Paseo da Fama de Hollywood Categoría:Produtores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Estadounidenses de ascendencia africana Categoría:Estadounidenses de ascendencia francesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia inglesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia neerlandesa