A viaxe do emperador (en ), é un filme documental dirixido por Luc Jacquet.

A película mostra as viaxes anuais dos pingüíns emperador da Antártida. No outono, todos os pingüíns en idade reprodutiva (de máis de cinco anos) deixan o océano, o seu hábitat habitual, para iniciaren unha viaxe ao interior da Antártida cara aos seus lugares de anidamento e reprodución ancestrais. Alí os pingüíns comezan o cortexo que dará lugar a unha nova vida. Para que os pitos sobrevivan os seus pais han de facer varias viaxes desde o lugar de anidamento ata o océano, onde capturan a comida, ao longo de varios meses.

O rodaxe da película, realizado nos arredores da base científica francesa de Dumont d'Urville en Terra Adelia, durou un ano.

Premios Premios Óscar Mellor filme documental

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina Oficial (en francés)

Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes de 2005 Categoría:Filmes de Buena Vista International Categoría:Óscar ó mellor documental Categoría:Filmes de 2005 con versión en galego