Narcissus pseudonarcissus é unha especie botánica da familia das Amarilidáceas. miniatura|Ilustración. miniatura|Vista da planta. miniatura|Narcissus pseudonarcissus.

Descrición É unha planta perenne e bulbosa, co bulbo globular de cor branca no seu interior e denegrida na súa cuberta. As follas radicais e lineais de cor verde escura de 35 cm de lonxitude. A inflorescencia máis alta que as follas, é erecta e ten no seu extremo unha fragrante flor de cor amarela dourada, acanalada e composta por seis segmentos agudos, O froito é unha cápsula.

Hábitat É unha planta nativa de Europa central e setentrional e medra nos bosques húmidos. Na Península Ibérica esténdense polos Pireneos e o Cantábrico.

Propiedades Contén narcitina ou narcisina que ten propiedades eméticas. Recomendouse para casos de epilepsia e afeccións de tipo espástico. Observouse unha actividade favorable no tratamento de tumores e na leucemia.

As doses excesivas desta planta provoca o vómito e son laxantes.Dr. Berdonces i Serra en Gran Enciclopedia de las Plantas Medicinales. ISBN 84 305 8496-X

Taxonomía Narcissus pseudonarcissus foi descrita por Carl von Linné e publicada en Species Plantarum 1: 289. 1753.

Etimoloxía

Narcissus, nome xenérico que fai referencia ao mozo narcisista da mitoloxía grega Νάρκισσος (Narkissos), fillo do deus río Cephissus e da ninfa Leiriope, que se distinguía pola súa beleza.

O nome deriva da palabra grega: ναρκὰο, narkào (= narcótico) e refírese ao cheiro penetrante e embriagante das flores dalgunhas especies (algúns sosteñen que a palabra deriva da palabra persa نرگس e que se pronuncia Nargis, que indica que esta planta é embriagadora).

pseudonarcissus: epíteto latino que significa "falso narciso".En Epítetos Botánicos

Sinonimia

Ajax pseudonarcissus (L.) Haw., Monogr. Narciss.: 2 (1831). Narcissus albescens Pugsley Narcissus alpestris Pugsley Narcissus confusus Pugsley Narcissus hispanicus Gouan Narcissus leonensis Pugsley Narcissus macrolobus (Jord.) Pugsley Narcissus major Curtis Narcissus moschatus L. Narcissus nevadensis Pugsley Narcissus nobilis (Haw.) Schult. & Schult.f. Narcissus pallidiflorus Pugsley Narcissus portensis Pugsley Narcissus tortuosus Haw.

Subespecies

Narcissus pseudonarcissus subsp. bicolor (L.) Baker, Handb. Amaryll.: 4 (1888). Narcissus pseudonarcissus subsp. calcicarpetanus (Fern.Casas) Fern.Casas, Fontqueria 4: 27 (1983) Narcissus pseudonarcissus subsp. leonensis (Pugsley) Fern.Casas & Laínz, Fontqueria 6: 50 (1984). Narcissus pseudonarcissus subsp. minor (L.) Baker, Handb. Amaryll.: 4 (1888). Narcissus pseudonarcissus subsp. moschatus (L.) Baker, Handb. Amaryll.: 4 (1888). Narcissus pseudonarcissus subsp. nobilis (Haw.) A.Fern., Bol. Soc. Brot., II, 25: 182 (1951). Narcissus pseudonarcissus subsp. pallidiflorus (Pugsley) A.Fern., Bol. Soc. Brot., II, 25: 182 (1951). Narcissus pseudonarcissus subsp. pseudonarcissus. Narcissus pseudonarcissus subsp. pugsleyanus Barra & G.López, Anais Jard. Bot. Madrid 39: 298 (1982 publ. 1983).Variedades en KWE

Notas

Véxase tamén

Categoría:Plantas descritas en 1753 Categoría:Plantas bulbosas Categoría:Plantas medicinais Categoría:Flora de Europa Categoría:Narcissus Categoría:Flora de Galicia