Avatar: Frontiers of Pandora é un videoxogo de acción en mundo aberto baseado na serie de filmes de Avatar. O xogo foi desenvolvido por Massive Entertainment e publicado por Ubisoft para PlayStation 5, Windows, Xbox Series X/S e Amazon Luna o 7 de decembro de 2023.

Sinopse Xogado nunha perspectiva en primeira persoa, os xogadores toman o control dun orfo Na'vi criado e adestrado como soldado pola RDA, antes de ser posto en animación suspendida e espertar quince anos despois nunha instalación abandonada. O xogador debe emprender unha viaxe a través da Fronteira Occidental, unha rexión nunca antes vista de Pandora, descubrindo as súas orixes e organizando as tribos Na'vi locais para loitar contra a RDA que intentan explotar os recursos naturais da Fronteira Occidental. A historia do xogo está parcialmente ligada aos filmes, aínda que é independente.

O xogo tamén admite o modo multixogador cooperativo de 2 xogadores.

Notas

Referencias

Véxase tamén Outros artigos Avatar James Cameron's Avatar: The Game

Categoría:Videoxogos de 2023 Categoría:Videoxogos de Windows Categoría:Videoxogos de Ubisoft Categoría:Videoxogos de PlayStation 5 Categoría:Videoxogos de mundo aberto Categoría:Videoxogos dun xogador e multixogador Categoría:Videoxogos de Xbox Series X e Series S Categoría:Videoxogos desenvolvidos en Suecia