Rhus typhina é un arbusto ou pequena árbore de folla caduca da familia Anacardiaceae, nativa do leste de Norteamérica. Foi descuberta no sueste do Canadá, leste e nordés dos Estados Unidos, sur de Ontario e os Apalaches.Pode causar importante alerxia de contacto.United States Geological Survey: "Rhus typhina Range Map" . Data de acceso: 02-03-2008. miniatura|240x240px|Vista da árbore. miniatura|318x318px|Ilustración.
Descrición Alcanza os 3–10 m de altura, ten follas alternas, pinnadas, de 25–55 cm de longo, con 9–31 foliolos aserrados de 6–11 cm de longo.Richard H. Uva, Joseph C. Neal e Joseph M. Ditomaso, Weeds of The Northeast, (Ithaca, NY: Cornell University Press, 1997), P. 326-327. Os peciolos e talos están densamente cubertos por pelos avermellados.
É unha especie dioica e forma grandes grupos de plantas femininas ou masculinas.
Taxonomía Tetradium daniellii foi descrita por Carl von Linné e publicada en Centuria II. Plantarum... 14. 1756.
Etimoloxía
Rhus: nome xenérico que deriva da palabra grega para "vermello", unha alusión ás rechamantes cores de outono dalgunhas especies.
typhina: epíteto latino que significa "como o xénero Typha".En Epítetos Botánicos
Sinonimia
Datisca hirta L. Rhus hirta (L.) Sudw. Schmaltzia hirta (L.) Small Toxicodendron typhinum (L.) KuntzeRhus typhina en PlantList
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Anonymous. 1986. List-Based Rec., Soil Conserv. Serv., U.S.D.A. Database of the U.S.D.A., Beltsville. Fernald, M. 1950. Manual (ed. 8) i–lxiv, 1–1632. American Book Co., New York. Gleason, H. A. 1968. The Choripetalous Dicotyledoneae. vol. 2. 655 pp. In H. A. Gleason Ill. Fl. N. U.S. (ed. 3). New York Botanical Garden, New York. Gleason, H. A. & A. J. Cronquist. 1991. Man. Vasc. Pl. N.E. U.S. (ed. 2) i–910. New York Botanical Garden, Bronx. Nasir, E. & S. I. Ali (eds). 1980-2005. Fl. Pakistan Univ. of Karachi, Karachi. Radford, A. E., H. E. Ahles & C. R. Bell. 1968. Man. Vasc. Fl. Carolinas i–lxi, 1–1183. University of North Carolina Press, Chapel Hill. Scoggan, H. J. 1978. Dicotyledoneae (Saururaceae to Violaceae). 3: 547–1115. In Fl. Canada. National Museums of Canada, Ottawa. Voss, E. G. 1985. Michigan Flora. Part II Dicots (Saururaceae-Cornaceae). Bull. Cranbrook Inst. Sci. 59. xix + 724.
Ligazóns externas Germplasm Resources Information Network: Rhus typhina. Bioimages: Rhus typhina (as R. hirta). Photographs and descriptions of plants of Missouri. Rhus typhina. North Woods wiki. Rhus typhina. Brian Johnston. A Close-up View of the Staghorn Sumac (Rhus typhina). Microscopy—UK.
Categoría:Arbustos de Galicia Categoría:Anacardiaceae