Arias Menendiz, falecido despois de 924, foi un nobre galego, fillo de Hermenexildo Gotérrez e de Hermesinda Gatoniz.

Apoiou a causa do rei Afonso III e como recompensa pola súa lealdade, en 911 foi nomeado conde de Eminio, antiga cidade romana construída onde hoxe está a cidade de Coímbra que foi repoboada polo seu pai. Anos máis tarde, foi nomeado, xunto co seu irmán Guterre Menendiz, conde de Caldelas e tamén de Leça.

Co seu irmán, Guterre, levou monxes para restaurar o mosteiro de Samos, en Galicia e, a partir deste momento, iniciou un período de próspera relación entre a familia condal e o cenobio.

Familia Casou con Ermesinda Gundesíndiz, filla de Gundesindo Ériz, fillo de Ero Fernández; con quen tivo a:

Elvira Arias (morta despois de 962), casada con Munio Guterrez, o seu primo, fillo de Goterre Méndez e Ilduara Ériz. Inderquina Arias.

Notas

Categoría:Condes de Coímbra