Patxi Xabier Lezama Perier, nado en Zalla o 20 de xuño de 1967 é un escultor e escritor vasco, forma parte da nova xeración de escultores vascos e é un dos renovadores da escutura vasca da segunda metade do século XX. A súa obra está motivada pola interrelación do simbólico e o mitolóxico cunha forte compoñente surrealista que o afasta das vangardas abstractas presentes en Jorge de Oteiza ou Néstor Basterrechea.

É irmán do pintor Fran Lezama Perier.

Traxectoria É coñecido polo seu traballo en escultura na que nos primeiros momentos empregou como materia a terracota cun estilo figurativo.

Na década de 1980, mudou á madeira e adoptou a temática do totemismo, e comezou a se interesar pola cultura vasca. En 1989, realizou Zaldi, unha obra surrealista, case totémica, na que mesturou a tradición mitolóxica vasca na que a divindade vasca, Zaldi, adopta a forma dun cabalo e aparece en múltiples lendas. Esta obra, converteuse nun símbolo do pacifismo ao mesmo tempo que lembraba o bombardeo da súa vila pola Lexión Cóndor alemá durante a Guerra civil española. No 2021, fixo doazón da escultura ao Museo das Encartaciónes, ao entender que se pechaba un círculo ao empregara como materia da obra, madeira procedente da restauración do edificio.

Tras esta primeira etapa, moi efémera, na década de 1990, evolucionou cara á abstracción e cambiou, de novo, a outros materiais que pasan a ser a pedra e, sobre todo, o ferro forxado, de ampla resoancia na cultura vasca, e cun estilo que foi evolucionando cara á abstracción. Desta época é Amalur, a súa primeira escultura abstracta e cuxo título "Nai Terra" está inspirado na mitoloxía vasca, que será a gran temática a desenvolver dende esa etapa e na que a pedra e o ferro, recrean un xeito de universo ancorado na terra.

A partir da década do 2000, comezou unha etapa experimental na que as anteriores liñas curvas deron paso a ritmos máis surrrealistas con maior movemento e realizados en madeira, ao mesmo tempo que se incrementou o interese pola arte e a cultura vasca.

En décadas posteriores, amplíou os seus intereses a outros campos que van dende a literatura ata o deseño,Trosien & Loeser (2019), p. 78. así como a creación a partir do uso de aplicacións de intelixencia artificial como Midjourney.

Obra escrita 2018, Euskal Mitologia. Traducido a castelán, inglés e alemán.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Obra no Museo das Encartacións Museo de Las Encartaciones La ventana del Arte

Categoría:Escultores do País Vasco Categoría:Escritores do País Vasco Categoría:Nados en 1967 Categoría:Nados en Biscaia Categoría:Escultores do século XX Categoría:Escultores do século XXI