miniatura|O forzamento radiativo (influencia no quecemento) dos gases atmosféricos de efecto invernadoiro de longa vida acelerouse ata case duplicarse nos últimos 40 anos. O potencial de quecemento global ou índice GWP (do inglés global warming potential) é unha medida de canta radiación térmica infravermella sería absorbida nun período de tempo dado por un gas de efecto invernadoiro engadido á atmosfera, expresada como un múltiplo da radiación que sería absorbida pola mesma masa engadida de dióxido de carbono (). Mide a intensidade con que un gas inflúe no quecemento global comparado co . O GWP é 1 para o . Para outros gases depende da intensidade con que o gas absorbe radiación térmica infravermella, da rapidez coa que o gas abandona a atmosfera e o período de tempo que está sendo considerado. O equivalente de dióxido de carbono (e ou eq ou -e) calcúlase a partir do GWP. Para calquera gas é a masa de que quentaría a Terra en igual medida que a masa dese gas. Así, proporciona unha escala común para medir os efectos climáticos de diferentes gases. Calcúlase como GWP multiplicado pola masa do outro gas.

O metano ten un GWP (en 100 anos) de 27,9, que significa que, por exemplo, unha fuga dunha tonelada de metano equivale á emisión de 27,9 toneladas de dióxido de carbono. De xeito similar, unha tonelada de óxido nitroso, procedente de arrozais ou do esterco por exemplo, equivale a 273 toneladas de dióxido de carbono.

Valores

O dióxido de carbono é a referencia. Ten un GWP de 1 sen importar o período de tempo utilizado. As emisións de causan un incremento das concentracións atmosféricas de que durarían miles de anos. Estimacións dos valores de GWP en 20, 100 e 500 anos fanse e revísanse periodicamente en informes do Grupo Intergobernamental sobre o Cambio Climático (IPCC polas súas siglas en inglés de Intergovernmental Panel on Climate Change). O informe de 2023 é o Sexto Informe de Avaliación do IPCC (grupo de traballo I). Os anteriores eran o Segundo Informe de Avaliación do IPCC (1995), o Terceiro de Informe de Avaliación do IPCC (2001), o Cuarto Informe de Avaliación do IPCC (2007) e o Quinto Informe de Avaliación do IPCC (2013).

Aínda que os informes recentes reflicten unha exactitude máis científica, os países e empresas continúan usando os valores SAR e AR4 por unha mellor comparación dos seus informes de emisión. O AR5 non considera os valores a 500 anos, pero introduciu as estimacións GWP incluíndo a retroalimentación ou feedback clima-carbono (f) cunha considerable incerteza.

Valores GWP e tempo de vida Tempo de vida (anos) Potencial de quecemento global, GWP 20 anos 100 anos 500 anosMetano ()11,8567284 / 86f9680,8 (bioxénico) 82,5 (fósil)212528 / 34f3239f (biogenic) 40f (fósil) 6,57,6Óxido nitroso ()109280289264 / 268f273310298265 / 298f273170153130HFC-134a (hidrofluorocarbono)14,03.710 / 3.790f4.1441.300 / 1.550f1.526435436CFC-11 (clorofluorocarbono)52,06.900 / 7.020f8.3214.660 / 5.350f6.2261.6202.093Tetrafluoruro de carbono ( / PFC-14)50.0004.880 / 4.950f5.3016.630 / 7.350f7.38011.20010.587 HFC-23 (hidrofluorocarbono) 22212.00010.80014.80012.40012.200Hexafluoruro de xofre 3.20016.30017.50022.80023.50032.600Hidróxeno (H2) 4–7 33 (20-44) 11 (6-16)

O IPCC inclúe na lista moitas outras substancias non mostradas aquí. Algunhas teñen un alto GWP pero soamente a unha baixa concentración na atmosfera. O impacto total de todos os gases fluorados é estimado no 3% de todas as emisións de gases de efecto invernadoiro.

Os valores da táboa asumen que se analiza a mesma masa de composto; orixínanse distintas proporcións da conversión dunha substancia noutra. Por exemplo, a queima de metano dando dióxido de carbono reduciría o impacto do quecemento global, pero nun factor menor de 25:1 porque a masa do metano queimado é menor que a masa de dióxido de carbono liberado (proporción 1:2.74).Isto é así debido á ecuación de reacción: CH4 + 2O2 → CO2 + 2 H2O. Como se mencionou no artigo, o oxíxeno e a auga non se consideran para o propósito do cálculo do GWP, e unha molécula de metano (masa molar = 16,04 g mol−1) renderá unha molécula de dióxido de carbono (masa molar = 44,01 g mol−1). Isto dá unha proporción de masas de 2,74. (44,01/16,04 ≈ 2,74). Para unha cantidade inicial dunha tonelada de metano, que ten un GWP de 25, despois da combustión habería 2,74 toneladas de , cada tonelada ten un GWP de 1. Isto é unha redución neta de 22,26 toneladas de GWP, reducindo o efecto do quecemento global nunha proporción de 25:2.74 (aproximadamente 9 veces menos).

Uso no Protocolo de Kyoto e na UNFCCC

Baixo o Protocolo de Kyoto, o informe internacional estandarizado da Conferencia das Partes de 1997, decidiu (na decisión 2/CP.3) que se utilizarían os valores de GWP calculados no Segundo Informe de Avaliación do IPCC para converter as emisións de varios gases de efecto invernadoiro en equivalentes comparables de ."Testing 100-year global warming potentials: Impacts on compliance costs and abatement profile", "Climatic Change" consultado o 16 de marzo de 2018

Despois dalgunhas actualizacións intermedias, en 2013 este estándar foi de novo actualizado na xuntanza de Varsovia da Convención Marco sobre Cambio Climático das Nacións Unidas (UNFCCC, decisión 24/CP.19) e pasou a usarse un novo conxunto de valores GWP sobre un período de 100 anos. Publicaron estes valores no Anexo III, e tomáronos do Cuarto Informe de Avaliación do Grupo Intergobernamental sobre o Cambio Climático, que se publicara en 2007.

Esas estimacións de 2007 aínda se usaron para comparacións internacionais ata 2020, aínda que as últimas investigacións sobre os efectos do quecemento atoparon outros valores, como se mostran na táboa anterior. Os valores de 2007 son os da táboa seguinte: Gas de efecto invernadoiroFórmula químicaPotenciais de quecemento global a 100 anos (estimacións de 2007, para comparacións en 2013-2020)Dióxido de carbonoCO21 MetanoCH425 Óxido nitrosoN2O298 Hidrofluorocarbonos (HFCs)HFC-23CHF314.800 Difluorometano (HFC-32)CH2F2675 Fluorometano (HFC-41)CH3F92 HFC-43-10meeCF3CHFCHFCF2CF31.640 Pentafluoroetano (HFC-125)C2HF53.500 HFC-134C2H2F4 (CHF2CHF2)1.100 1,1,1,2-Tetrafluoroetano (HFC-134a)C2H2F4 (CH2FCF3)1.430 HFC-143C2H3F3 (CHF2CH2F)353 1,1,1-Trifluoroetano (HFC-143a)C2H3F3 (CF3CH3)4.470 HFC-152CH2FCH2F53 HFC-152aC2H4F2 (CH3CHF2)124 HFC-161CH3CH2F12 1,1,1,2,3,3,3-Heptafluoropropano (HFC-227ea)C3HF73.220 HFC-236cbCH2FCF2CF31.340 HFC-236eaCHF2CHFCF31.370 HFC-236faC3H2F69.810 HFC-245caC3H3F5693 HFC-245faCHF2CH2CF31.030 HFC-365mfcCH3CF2CH2CF3794 PerfluorocarbonosTetrafluoruro de carbono – PFC-14CF47.390 Hexafluoroetano – PFC-116C2F612.200 Octafluoropropano – PFC-218C3F88.830 Perfluorobutano – PFC-3-1-10C4F108.860 Octafluorociclobutano – PFC-318c-C4F810.300 Perfluoropentano – PFC-4-1-12C5F129.160 Perfluorohexano – PFC-5-1-14C6F149.300 Perfluorodecalina – PFC-9-1-18bC10F187.500 Perfluorociclopropanoc-C3F617.340 Hexafluoruro de xofre (SF6)Hexafluoruro de xofreSF622.800 Trifluoruro de nitróxeno (NF3)Trifluoruro de nitróxenoNF317.200 Éteres fluoradosHFE-125CHF2OCF314.900 Bis(difluorometil) éter (HFE-134)CHF2OCHF26.320 HFE-143aCH3OCF3756 HCFE-235da2CHF2OCHClCF3350 HFE-245cb2CH3OCF2CF3708 HFE-245fa2CHF2OCH2CF3659 HFE-254cb2CH3OCF2CHF2359 HFE-347mcc3CH3OCF2CF2CF3575 HFE-347pcf2CHF2CF2OCH2CF3580 HFE-356pcc3CH3OCF2CF2CHF2110 HFE-449sl (HFE-7100)C4F9OCH3297 HFE-569sf2 (HFE-7200)C4F9OC2H559 HFE-43-10pccc124 (H-Galden 1040x)CHF2OCF2OC2F4OCHF21.870 HFE-236ca12 (HG-10)CHF2OCF2OCHF22.800 HFE-338pcc13 (HG-01)CHF2OCF2CF2OCHF21.500 (CF3)2CFOCH3343 CF3CF2CH2OH42 (CF3)2CHOH195 HFE-227eaCF3CHFOCF31.540 HFE-236ea2CHF2OCHFCF3989 HFE-236faCF3CH2OCF3487 HFE-245fa1CHF2CH2OCF3286 HFE-263fb2CF3CH2OCH311 HFE-329mcc2CHF2CF2OCF2CF3919 HFE-338mcf2CF3CH2OCF2CF3552 HFE-347mcf2CHF2CH2OCF2CF3374 HFE-356mec3CH3OCF2CHFCF3101 HFE-356pcf2CHF2CH2OCF2CHF2265 HFE-356pcf3CHF2OCH2CF2CHF2502 HFE-365mcfI’ll t3CF3CF2CH2OCH311 HFE-374pc2CHF2CF2OCH2CH3557 – (CF2)4CH (OH) –73 (CF3)2CHOCHF2380 (CF3)2CHOCH327 PerfluoropoliéteresPFPMIECF3OCF(CF3)CF2OCF2OCF310.300 Trifluorometilxofre pentafluoruroSF5CF317.400

Importancia do horizonte temporal O GWP dunha substancia depende do número de anos (que se denota por un subíndice) sobre o cal se calculou o potencial. Un gas que se elimina rapidamente da atmosfera pode ter inicialmente un grande efecto, mais non por un longo período de tempo, xa que desaparece, o que diminúe a súa importancia. Así o metano ten un potencial de 25 sobre 100 anos (GWP100 = 25), pero de 86 sobre 20 anos (GWP20 = 86); inversamente, o hexafluoruro de xofre ten un GWP de 22.800 sobre 100 anos, pero de 16.300 sobre 20 anos (Terceiro Informe de Avaliación do IPCC). O valor do GWP depende de como decae a concentración do gas co tempo na atmosfera. A miúdo isto non se coñece con precisión e, por tanto, os valores non deberían considerarse exactos. Por esta razón, cando se cita un GWP é importante dar unha referencia do cálculo.

O GWP dunha mestura de gases pode obterse a partir da media da fracción de masa ponderada dos GWPs dos gases individuais.Regulation (EU) No 517/2014 of the European Parliament and of the Council of 16 April 2014 on fluorinated greenhouse gases Annex IV.

Comunmente, os reguladores utilizan un horizonte temporal de 100 anos.

Vapor de auga

O vapor de auga contribúe ao quecemento global antropoxénico, pero tal como se define o GWP, este índice é insignificante para a H2O: unha estimación dá un GWP a 100 anos de -0,001 e 0,0005.

A H2O é o gas de efecto invernadoiro máis forte, porque ten un profundo espectro de absorción infravermella con máis bandas de absorción e máis anchas que as do CO2. A súa concentración na atmosfera está limitada polas temperaturas do aire, así que o forzamento radiativo polo vapor de auga incrementa o quecemento global (con retroalimentación positiva). Pero a definición do GWP exclúe os efectos indirectos. A definición do GWP está tamén baseada en emisións e as emisións antropoxénicas de vapor de auga (torres de refrixeración, irrigación) son eliminadas pola precipitación en cuestión de semanas, así que o seu GWP é insignificante.

Críticas e outras medidas O potencial de cambio da temperatura global (GTP polas súas siglas en inglés) é outro modo de comparar os gases. Mentres que o GWP estima a radiación térmica infravermella absorbida, o GTP estima o aumento resultante na temperatura superficial media mundial nos seguintes 20, 50 ou 100 anos, causada por un gas de efecto invernadoiro, en relación co aumento de temperatura que causaría unha masa igual de . Para calcular o GTP cómpre modelizar como o mundo, especialmente os océanos, absorbe a calor. O GTP publícase nas mesmas táboas do IPCC xunto co GWP.

Propúxose que unha variante do GWP denominada GWP* serve para contabilizar mellor os polucionantes de curta vida (SLCP, en inglés) como o metano, relacionando un cambio na taxa de emisións de polucionantes de curta vida cunha cantidade fixa de . Porén, o GWP* foi criticado tanto pola súa idoneidade como medida coma polas características de deseño inherentes que poden perpetuar inxustizas e desigualdades entre países.

Cálculo do potencial de quecemento global (GWP)

O GWP depende dos seguintes factores: a absorción de radiación infravermella por un determinado gas o horizonte temporal de interese (período de integración) o tempo de vida atmosférico do gas