Rhus coriaria é unha especie de Rhus que se emprega principalmente no curtido de coiro; o seu nome científico en latín indícao: coriarii (curtir). É orixinaria do sur de Europa.

Características É un arbusto que adoita medrar por riba de 1 m de altura (chegando en ocasións a tres), posúe follas moi verdes con tacto suave que producen un aceite chamado urushiol que non é velenoso pero que ao contacto coa pel xera unha reacción alérxica xerando erupción, o cal aparece de 24 a 48 horas despois do contacto. As flores crecen en forma de ramalletes e posúen unha cor amarela verdosa (despiden un lixeiro cheiro a madreselva), o froito é do tamaño dun chícharo de cor parda-avermellada.

Cultivo miniatura|Cultivo de Rhus coriaria. miniatura|Ilustración. Hoxe en día cultívase no sur de Italia, así como Sicilia e todo o Oriente Medio."Flowers of Greece and the Balkans". Polunin. O. Oxford University Press 1980 ISBN 0-19-217626-9. Recóllese xeralmente a finais de verán (mesmo outono) cando a froita da planta empeza a arroibar. Os conxuntos de arbustos atopados espontaneamente polo campo (xeralmente en ribazos ou ladeiras) adoitan ser cultivos de outrora dedicados ao curtido do coiro que se asilvestraron.

Usos

Culinarios Aínda que o froito inmaturo da planta consumido en certas cantidades pode ser tóxico, pola contra, o froito maduro desta especie de Rhus é coñecido desde a época dos romanos como un acidulante sustitutivo do limón ou o vinagre."Edible Plants of the World". Hedrick. U. P. Sturtevant's. Dover Publications 1972 ISBN 0-486-20459-6 É posible que se empregase en vinagretas.

Hoxe emprégase seco (moitas veces xunto con grans de sal ) nas cociñas libanesa e siria como condimento característico para o peixe; os iraquís e turcos (por exemplo en lahmacun), en ensaladas, e os iranianos en pinchos de carne. Se se bota sobre arroz dá unha cor avermellada. É un dos ingredientes da mestura de especias chamada zahtar; tamén se usa na mestura exipcia chamada dukkah .

Industriais miniatura|Sumac en po. miniatura|Froitos. Un dos principais usos de Rhus coriaria é no emprego no curtido de coiro debido ao seu alto contido de tanino (13 % e 28 %), emprégase desde moi antigo nos países da zona mediterránea; é moi empregada en Marrocos."Economic Botany". Hill. A. F. The Maple Press 1952 Adoita empregarse moído e proporciona ao coiro un cheiro agradable a té, o seu emprego fai ao coiro resistente á luz, debido en parte ás propiedades antioxidantes do ácido gálico que posúe en froito. Hoxe en día é un produto que pode comprarse comercializado.

Nalgunhas ocasións adóitase empregar como mordente para fixar cores no coiro, mellora algunhas cores.

Taxonomía Rhus coriaria foi descrita por Carl von Linné e publicada en Species Plantarum 1: 265. 1753.

Etimoloxía

Rhus: nome xenérico que deriva da palabra grega para "vermello", unha alusión ás rechamantes cores de outono dalgunhas especies.

coriaria: epíteto latino que significa "como coiro".En Epítetos Botánicos

Sinonimia

Rhus sumac O.Targ.Tozz. Toxicodendron coriaria (L.) Kuntze Rhus amoena SalisbSinónimos en Tela Botánica.

Notas

Categoría:Plantas descritas en 1753 Categoría:Plantas tintorias Categoría:Especias Categoría:Arbustos de Galicia