O eslovincio (slɵvjĩnsħï ją̃zĕk)Lorentz, Friedrich (1908) Slowinzisches Wörterbuch, erster Teil, St. Petersburg, Buchdruckerei der Kaiserlichen Akademie der Wissenschaften, p. 391Lorentz, Friedrich (1912), Slowinzisches Wörterbuch, zweiter Teil, St. Petersburg, Buchdruckerei der Kaiserlichen Akademie der Wissenschaften, p. 1520 é unha lingua morta falada outrora polos eslovincios que habitaban entre os lagos Gardno e Łebsko preto de Słupsk, en Pomerania. O eslovincio foi clasificado como unha lingua (por Friedrich Lorentz, 1902/3),Dicky Gilbers, John A. Nerbonne, J. Schaeken, Languages in Contact, Rodopi, 2000, p.329, ou como un dialecto do caxubioChristina Yurkiw Bethin, Slavic Prosody: Language Change and Phonological Theory, pp.160ff, Cambridge University Press, 1998, Edward Stankiewicz, The Accentual Patterns of the Slavic Languages, Stanford University Press, 1993, p.291, (por Lorentz, despois de 1903) ou variante da mesma,Roland Sussex, Paul Cubberley, The Slavic Languages, Cambridge University Press, 2006, p.97, ao tempo que o caxubio foi clasificado como unha lingua ou como un dialecto do polaco.Harry Hulst, Georg Bossong, Eurotyp, Walter de Gruyter, 1999, p.837, O eslovincio e o caxubio clasifícanse os dous como lingua pomerania.
O eslovincio extinguiuse a comezos do século XX. Porén, algunhas palabras e expresións sobreviviron ata despois da segunda guerra mundial, cando a rexión se converteu en parte de Polonia. Algúns eslovincios foron expulsados xunto cos alemáns despois da guerra.Bernard Comrie, Greville G. Corbett, The Slavonic languages, Taylor & Francis, 2002, p.762, Entre as persoas ás que se lles autorizou quedar, os maiores tiñan un coñecemento fragmentario do eslovincio ata os anos 50.
Non hai consenso se os eslovincios realmente usaron ese nome, o cal lles deu o académico ruso Aleksander Hilferding, para referirse a si mesmos. Tamén se usaba o sinónimo lebakaschuben. Algúns estudosos cren que os eslovincios se consideraban a si mesmos simplemente como caxubios luteranos e a súa lingua como caxubia. Porén, o nome "eslovincio" prevalece na literatura e tamén se usa oficialmente, por exemplo no Słowiński Park Narodowy (Parque Nacional Eslovincio), unha área protexida na costa polaca de Pomerania.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Two articles about the Slovincians after 1945, in German
Categoría:Linguas eslavas Categoría:Linguas de Alemaña Categoría:Linguas de Polonia Categoría:Linguas mortas de Europa