Montserrat Ferreira Fervenza, coñecida como Montse Ferreira Fervenza, nada en Quintela, é unha enfermeira, actriz e escritora galega.

Traxectoria Estudou enfermaría na Universidade de Vigo, é traballadora do Sergas e residente en Vigo. Formouse en interpretación, dramaturxia e escrita creativa. Actuou coa compañía de teatro Arte Livre en Londres, Illa de Madeira, Algarve, Santiago de Compostela, Cangas de Morrazo, Vigo..., en obras como As bruxas de Salem, Ídolos de papel, Evita Perón, Inspector Xeral, Cincenta. Tamén escribiu e dirixiu obras de teatro.

Obras

O ano das mazás (2023). Vigo: Xerais. 256 páxs. ISBN 978-84-1110-331-2.

Libros colectivos

Tecido de voces (2021). Noia: Toxosoutos. 344 páxs. ISBN 978-84-124226-0-3.

Notas

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Redondela Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo Categoría:Nados en ano descoñecido