O Supermarine Baby (tamén chamado Supermarine N.1B Baby) foi un caza da primeira guerra mundial e un dos primeiros exemplos dun hidroavión de caza monopraza en ser construído no Reino Unido. Foi deseñado por Supermarine para cumprir cunha especificación da Xunta da Mariña que estipulaba que o avión debía acadar os 176 km/h, unha altitude de 6 100 m, e debería ser capaz de ser lanzado dende buques no mar. Cando voou por vez primeira en febreiro de 1918 era o hidroavión máis pequeno e rápido que existía.

O xefe de deseño de Supermarine William Hargreaves baseou o seu deseño no AD Flying Boat. O Baby recibiu ás plegables, un casco aerodinámico e un motor Hispano-Suiza de 150 cabalos (110 kW). Só se construíu un aparello que tivo un bo rendemento durante as probas, e o avión foi equipado cun motor máis potente en agosto de 1918. Supermarine non conseguiu un contrato de produción xa que o Almirantado decidiu operar os cazas Sopwith Pup e Sopwith Camel a bordo dos barcos. Un dos deseños para o Baby foi a base para outros avións, como o Supermarine Sea Lion I que participou no trofeo Schneider de 1919.

Comisión O Baby foi deseñado e construído baixo a dirección do dono de Supermarine, Hubert Scott-Paine, que se unira a Pemberton-Billing Limited en 1911. Scott-Paine mercouna ao seu propietario orixinal, Noel Pemberton Billing, en xuño de 1916, e a compañía pasou a chamarse Supermarine Aviation Works Limited. Durante a primeira guerra mundial a empresa continuou especializándose en producir e manter avións navais, como testemuña a súa localización en Woolston, á beira do río Itchen, a súa falta de aeródromo e o mantemento dunha man de obra especializada na construción de embarcacións. Scott-Paine forxou bos vínculos co Departamento do Aire (AD), que asumiu a xurisdición da empresa durante a guerra.Pegram 2016, pp. 16-17

O Baby destacou por ser o primeiro hidroavión de combate monopraza que foi deseñado e construído no Reino Unido. Deseñouse para cumprir coa especificación N.1B da Xunta da Mariña.Lewis 1979, p. 126 A especificación buscaba un hidroavión de combate monopraza para contrarrestar os avións Brandenburg alemáns que patrullaban o mar do Norte.Pegram 2016, p. 18Allward 1988, p. 56 Tiña que ser capaz de operar dende portahidroavións da Royal Navy e acadar unha velocidade de 176 km/h a 3 000 m, e unha altura de 6 100 m.Andrews & Morgan 1981, pp. 27-28 O Baby foi fabricado baixo o contrato do Departamento do Aire A.S. 3929.Andrews & Morgan 1981, p. 355

Supermarine recibiu un pedido por tres avións. Ao adxudicar o contrato, o AD estableceu a súa presenza en Supermarine enviando a un dos seus deseñadores principais, Harold Bolas, e os seus adxuntos para supervisar a produción do Baby.

Deseño e desenvolvemento miniatura|225x225px|Esquema do Supermarine Baby O Baby foi deseñado polo xefe de deseño de Supermarine William Hargreaves, que se unira á compañía en 1916. Hargreaves baseou o seu deseño no AD Flying Boat, un biplano de patrulla marítima e recoñecemento bipraza cun mal rendemento que tiña un corpo tubular flexible e ás separadas por catro puntais verticais que se plegaban cara a adiante.Pegram 2016, p. 17

Hargreaves produciu un deseño para un biplano pusher cun pequeno motor, ás plegables dun só van e unha cola en T.Andrews & Morgan 1981, pp. 4, 28 O casco aerodinámico de madeira do Baby, baseado no deseño usado no AD Flying Boat do deseñador británico Linton Hope, tiña a cabina do piloto no morro. O motor e a hélice situáronse para minimizar o efecto da pulverización durante a engalaxe. Inicialmente foi deseñado cun motor Hispano-Suiza de 150 cabalos de potencia (110 kW) que accionaba unha hélice con catro pas.

O Baby acadou unha velocidade de 189 km/h a nivel do mar e de 180 km/h a 3 000 m.Andrews & Morgan 1981, p. 28 Aterraba cunha velocidade máxima que variaba dos 87 aos 178 quilómetros por hora. Tiña unha carga alar máxima igual a 36,5 kg/m2.Baldit 1923, p. 26

Historial operacional O prototipo recibiu o número de serie N59 e voou por primeira vez en febreiro de 1918.Pegram 2016, p. 19Bruce 1957, p. 647 Durante as probas demostrou ser rápido e manobrable, pero amosou unha tendencia a enviar auga cara a cabina cando aceleraba. Hargreaves respondeu a este problema realizando polo menos seis deseños alternativos ao casco. Segundo un número de 1920 da revista Flight, o avión chegou a facer dous loops ese febreiro.

En agosto de 1918 o avión foi equipado cun motor máis potente Sunbeam Arab de 200 cabalos (150 kW). Tratábase do hidroavión máis pequeno e rápido que existía entón, e a súa avaliación completouse xusto antes do armisticio do 11 de novembro de 1918. O rendemento do Baby foi o suficientemente bo como para conseguir un contrato de produción, que estaba preto de outorgarse ese novembro.Pegram 2016, p. 22

O Baby nunca operou durante a guerra.Andrews & Morgan 1981, p. 4 En novembro de 1918 o Royal Naval Air Service estaba xa usando avións terrestres Sopwith Pup para voar ás plataformas a bordo dos barcos, e o seu éxito (e despois o do Sopwith Camel) foi un factor, xunto co final da guerra, que fixo que o goberno británico cancelasse o programa N.1B.London 2003, p. 37 Nese momento, un segundo aviónt (nomeado N60) fora construído, pero nunca chegou a voar. O N60 entregouse como pezas de reposto para apoar as probas do N59. Unha terceira máquina (N61) estaba aínda por montar cando o programa foi abandonado, aínda que xa comezara a construción do seu casco.

Legado miniatura|241x241px|Esquema do 'A' Single Seater Flying Boat O Baby foi probablemente o deseño máis exitoso producido por Supermarine durante a primeira guerra mundial. O deseño do N61, que contaba cun dos cascos revisados por Hargreaves, foi a base do 'A' Single Seater Flying Boat de Supermarine, chamado posteriormente Sea Lion I cando participou no trofeo Schneider de 1919.Pegram 2016, p. 23Andrews & Morgan 1981, p. 57 O Baby tamén foi a base para os Supermarine Sea KingAndrews & Morgan 1981, p. 52 e Supermarine Walrus (1933), que máis tarde se converteu no avión "observador" estándar utilizado para dirixir os disparos dos buques de guerra equipados con catapulta da Royal Navy.

O Baby usouse para desenvolver os hidroavións para o trofeo Schneider.Andrews & Morgan 1981, p. 23 O Sea King evolucionou para converterse no Supermarine Sea Lion II, wque foi o primeiro avión británico en gañar unha competición internacional tras a guerra ao facerse co trofeo Schneider en 1922.Pegram 2016, p. 36

É probable que Reginald Mitchell, que se uniu a Supermarine en 1916, estivese implicado nos cambios de deseño e na preparación do Sea Lion.

Especificacións (N.1B Baby) Datos de Supermarine Aircraft since 1914.Andrews & Morgan 1981, p. 29

Característica xerais

Tripulación: 1 Lonxitude: 8,03 m Envergadura: 9,30 m Altura: 3,23 m Superficie alar: 28,7 m2 Peso baleiro: 771 kg Peso bruto: 1 055 kg Planta de potencia: 1 motor de pistón refrixerado por auga Hispano-Suiza 8B V-8 de 150 hp (porteriormente recibiu un motor de 200 cabalos) Hélices: hélice impulsora de paso fixo de madeira de 4 pas

Rendemento

Velocidade máxima: 187 km/h Velocidade de baixada: 92 km/h Autonomía: 3 horas Teito de servizo: 3 300 m Tempo a altitude: 3 050 m en 25 minutos e 10 segundos

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Aeronaves de Supermarine Categoría:Aeronaves co primeiro voo en 1918