En medicina, un catéter é un tubo que se pode introducir nun vaso sanguíneo para tratar doenzas ou realizar un procedemento médico cunha finalidade diagnóstica ou terapéutica, que permite a drenaxe ou a inxección de líquidos ou mesmo o acceso de instrumentos cirúrxicos. O primeiro catéter foi inventado nos Estados Unidos en 1752 por Benjamin Franklin, ao deseñar un catéter urinario para o seu irmán.

Descrición Un catéter é un tubo que se pode introducir nun corpo. Poden permitir a drenaxe, a administración de fluídos, o acceso por instrumentos cirúrxicos, e unha ampla variedade doutros usos, dependendo do tipo de catéter.

Os catéteres adoitan ser feitos de materiais flexibles como o plástico médico, o látex, ou a silicona. O tipo e tamaño do catéter a usar pode variar dependendo da natureza específica do procedemento ou tratamento. Para a maioría dos usos, o catéter é un tubo fino, suave e flexible, pero tamén pode ser de maior diámetro e consistencia máis dura. O catéter metálico chámase agulla. Introdución e usos Os catéteres poden introducirse no corpo de varias maneiras. Por exemplo, un catéter venoso central, introducido a través dunha vea grande, pode usarse para administrar medicacións ou nutrición a un paciente, ou para recoller mostras de sangue para análises.miniatura|200x200px| Catéteres|esquerdaOutros catéteres son chamados liña ou line en inglés (por exemplo catéter Hickman ou catéter de liña ou da liña Hickman tamén se chama liña Hickman).

O proceso de inserción dun catéter chámase cateterismo.

Os catéteres tamén se usan frecuentemente en medicina de diagnóstico. Por exemplo, un catéter cardíaco pode usarse para realizar un cateterismo cardíaco, no que se introducen contraste e un catéter no corazón dun paciente para visualizar as arterias coronarias e detectar bloqueos.

Riscos

A seguridade e os riscos relacionados co uso de catéteres dependen do tipo específico de catéter e do procedemento concreto. Algunhas complicacións potenciais inclúen infeccións, danos aos vasos sanguíneos, e reaccións alérxicas ao material do catéter. Termo O termo "catéter" é un neoloxismo que deriva do latín cathĕter, e este do grego καθετήρa, katheter que significa "algo que se envía abaixo ou dentro".

Na terminoloxía médica portuguesa existe unha distinción entre "catéter" e "sonda", tamén recollida en galego. O termo "sonda" empregase preferentemente cando o catéter se introduce a través dun orificio ou canle corporal natural, por exemplo sonda nasogástrica (introducida polas fosas nasais para chegar ao estómago), sonda vesical ou sonda de Foley (para a drenaxe da vexiga), ou sonda rectal.

Noutras linguas, os termos utilizados para "catéter" teñen a mesma orixem pero tamén poden variar. Por exemplo, en inglés, o termo "catheter" tamén se emprega de maneira xeral; en francés, utilízase o termo "cathéter" e en alemán "Katheter".

Notas

Véxase tamén

Catéter Hickman Catéter venoso central Páxina de homónimos sonda

Categoría:Equipamento médico