Belén López Rodríguez, coñecida como Belén López, nada en Recemunde (A Pobra do Brollón) en 1978, é unha xornalista galega.
Traxectoria É licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela.
Participou no congreso da Real Academia Galega dedicado a Xela Arias no ano 2021, cunha palestra sobre o interese da autora en conectar a súa poesía con outras artes. Participou nas xornadas As mulleres que opinan son perigosas de 2021, cun relatorio sobre o tratamento da cultura no xornalismo local. Colaborou en Abride a Fiestra 2023, da Casa Museo de Rosalía conversando con Moncha Fuentes e Olga Novo.
Traballa na sección de cultura e sociedade do Diario de Pontevedra onde leva entrevistado a moitos personaxes relevantes (Manuel Jabois, César Portela...). Destaca polo uso da lingua galega nas súas colaboracións que tamén aparecen moitas veces en El Progreso. Tamén ten colaborado na revista Luzes.
Formou parte da Xunta de Goberno do Colexio de Xornalistas de Galicia de 2020 a 2024.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Intervención no simposio da RAG sobre Xela Arias
Categoría:Nados na Pobra do Brollón Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Nados en 1978 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela