Eduardo Cifuentes Las Catalinas, nado en Chaguazoso (A Mezquita) o 9 de xaneiro de 1883, foi un mestre galego.

Traxectoria Fillo de Antonio Cifuentes e Clara Las Catalinas, pasou a súa infancia en Chaguazoso ata que estudou maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela, rematando en 1907.El Eco de Santiago, 19-12-1907, p. 2. Foi nomeado mestre interino da Vilavella en 1913.El Correo de Galicia, 1-4-1913, p. 2. Despois foi mestre de Membrillar (Saldaña, provincia de Palencia) e mestre de Chaguazoso dende os anos vinte.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi acusado falsamente de ser militante de Acción Republicana e tivo que fuxir e agocharse. Foi destituído como mestre. En marzo de 1937 pasou a Portugal onde foi detido e devolto ás autoridades franquistas. Xulgado en consello de guerra na causa 1082/37 por adhesión á rebelión o 10 de decembro de 1937, foi condenado a cadea perpetua. Cumpriu condena na prisión da Coruña e despois na de Ourense, de onde saíu en liberdade provisional o 12 de marzo de 1941.Libro rexistro de liberados condicionais da Prisión de Ourense, p. 44.. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en xaneiro de 1938,BOP Ourense, 21-1-1938, p. 3. e foi condenado a pagar unha multa de 250 pesetas en 1939. Depurado do maxisterio foi sancionado en 1940 con suspensión de emprego e soldo por dous anos e traslado forzoso fora da provincia.La Región, 8-5-1940, p. 4. Unha vez rehabilitado como mestre foi trasladado a Quecedo (Merindad de Valdivielso, na provincia de Burgos) en decembro de 1940,La Región, 15-12-1940, p. 4. posesionandose da escola en xuño de 1941.La Región, 4-6-1941, p. 2. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Expediente de responsabilidades políticas de Eduardo Cifuentes y las Catalinas.

Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados na Mezquita Categoría:Nados en 1884

Categoría:Finados en ano descoñecido