O View-Master é un dispositivo de visualización 3-D que permite ver 7 vistas estereoscópicas montadas nun soporte de disco de cartón. Aínda que actualmente se considera un xoguete para nenos, orixinalmente non estaba pensado como tal.
Historia O sistema View-Master foi inventado por William Gruber, un fabricante de órganos e fotógrafo entusiasta, que residía en Portland, Oregón. Tivo a idea de actualizar o antigo estereoscopio utilizando a nova película fotográfica en cor dispoñible naquel momento, a película Kodachrome de Kodak, que aparecera no mercado en 1935.
Aínda que o View-Master contén 14 imaxes, en realidade só hai 7 vistas estereoscópicas, visualízanse 2 imaxes simultaneamente -unha para cada ollo- simulando así a sensación de profundidade da percepción estereoscópica.
Véxase tamén
Outros artigos Microfotografía Lente Stanhope Columbograma Ligazóns externas Sitio oficial de Fisher-Price View-Master en inglés
Categoría:Xoguetes Categoría:Ilusións ópticas Categoría:Fotografía