Manuel Rosales Cereijo, nado en Ardán, Marín, en 1955, é un profesor e escritor galego.
Traxectoria É da primeira promoción de Galego-Portugués da Universidade de Santiago de Compostela, tamén é licenciado en Filoloxía Hispánica e fixo o doutoramento na USC coa tese Xénese e desenvolvemento da narrativa de Castelao (1909-1934), dirixida por Benito Varela Jácome.
Catedrático de Lingua Galega e Literatura, exerceu no IES Santa Irene de Vigo, no que foi moitos anos secretario, ata a xubilación. Tamén foi profesor asociado na Universidade de Vigo e na UNED.
Ten publicado artigos sobre literatura en Grial, A Trabe de Ouro, Eduga e Anuario de Estudios Literarios Galegos.
É tamén coautor de libros de lingua e literatura para o ensino secundario en Xerais.
Obras
Ensaio
A narrativa de Castelao. Xénese e desenvolvemento (1997). Santiago: Sotelo Blanco. ISBN 84-7824-297-X. A novela curta galega no tempo da Restauración (1880-1931) (2023). Instituto de Estudios Carballiñeses. ISBN 97888476807743. 339 páxs.
Edicións
Obras. Castelao I (1999). Edición crítica. Ilustrísima, de Carlos Casares (2000). Retrincos. Un ollo de vidro, de Castelao (2001).
Didáctica
Manual de galego urxente (1987). Con Xosé Ramón Pena. Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-279-8. Exercicios de galego urxente: solucionario (1995). Con Xosé Ramón Pena. Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-864-8. Prácticas gramaticais e construcción de textos: solucionario (1996). Vigo: Xerais. ISBN 84-8302-050-5. Curso de lingua galega (1998). Vigo: Xerais. ISBN 84-8302-322-9. A linguaxe literaria: guía de recursos para a análise textual (2002). Vigo: Xerais. ISBN 84-8302-842-5. Galego século XXI: nova guía da lingua galega (2004). Con Xosé Feixó Cid e Xosé Ramón Pena. Vigo: Galaxia. ISBN 84-8288-694-0. 2ª ed. en 2010. Galego século XXI: nova guía da lingua galega. Caderno de exercicios (2004). Con Xosé Feixó Cid e Xosé Ramón Pena. Vigo: Galaxia. ISBN 84-8288-720-3. Manual e exercicios de galego urxente (2006). Con Xosé Ramón Pena. Vigo: Xerais. ISBN 978-84-9782-493-4.
Obras colectivas
Comentário de textos literarios: "Um fragmento de "Xoguetes para un tempo prohibido", de Carlos Casares" (1986). ISBN 84-7707-004-0. Castelao na Galiza do século XX: actas do simposio: "Literatura e arte en Castelao" (2000). ISBN 84-89679-61-4. Para ler a Castelao I. Obras completas vol. 7 (2000). ISBN 978-84-8288-400-4. Congreso sobre Castelao: actas do congreso realizado pola Dirección Xeral de Promoción Cultural en Rianxo, dos días 25 ó 29 de xaneiro de 2000, 2001: "Aspectos estilísticos da prosa narrativa de Castelao" (2001). ISBN 84-453-3001-2. Sementar para os que veñan: homenaxe a Camiño Noia: "Narrativa galega anterior ás Irmandades da Fala" (2012). ISBN 978-84-8158-597-1.
Notas
Categoría:Nados en Marín Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en 1955 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores da Universidade de Vigo Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Catedráticos