A Anredera cordifolia é unha especie de planta ornamental gabeadora suculenta nativa de Suramérica; é endémica da Arxentina, Bolivia, o Brasil, Paraguai e o Uruguai.

Descrición A combinación de follas carnosas e tubérculos aéreos grosos fan que sexa unha enredadeira moi pesada. Sobe por árbores e outra vexetación, crecendo facilmente, e pode crebar ramas e tumbar literalmente ao seu hóspede.

A. cordifolia é unha gabeadora perennifolia que medra por rizomas carnosos. Follas brillantes, verdes, cardiais. Posúe masas de fragrantes flores, cremosas. A planta expándese vía os tubérculos, que se desprenden moi facilmente.

A. cordifolia pode reproducirse a través da proliferación de tubérculos e tamén de fragmentos de rizomas, que poden romper. Aínda que ten ambas as flores macho e femia, raramente reprodúcense sexualmente nin producen semente. Expándese vexetativamente, e é transportada por actividades humanas. Se os fragmentos caen a vías acuáticas, son transportados a novos sitios pola corrente.

Foi introducida en Europa, África, Australasia e Norteamérica; considerándose unha especie invasora en moitas áreas tropicais.

Taxonomía Anredera cordifolia foi descrita por (Ten.) Steenis e publicada en Botanical Magazine 51(607): 658. 1937.

Anredera: nome xenérico que Umberto Quattrocchi di que, "Posiblemente deriva da palabra en castelán enredadera".En Nombres botánicos

cordifolia: epíteto latino que significa "con forma de corazón".En Epítetos Botánicos

Sinonimia

Anredera cordifolia subsp. gracilis (Miers) Xifreda & Argimón Boussingaultia cordata Spreng. Boussingaultia cordifolia Ten. Boussingaultia cordifolia (Moq.) Volkens Boussingaultia gracilis Miers Boussingaultia gracilis f. pseudobaselloides Hauman Boussingaultia gracilis var. pseudobaselloides (Hauman) L.H.Bailey

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas USDA, ARS, National Genetic Resources Program. GRIN. National Germplasm Resources Laboratory, Beltsville, Maryland. https://web.arquive.org/web/20111205044724/http://www.ars-grin.gov/cgi-bin/npgs/html/taxon.pl?3522 (24 ene 2008)

Grupo de Especialistas en Especies Invasoras (ISSG). Anredera cordifolia Anredera cordifolia

Categoría:Plantas invasoras Categoría:Plantas medicinais Categoría:Plantas ornamentais Categoría:Flora de Galicia