Martynas Sajus, nado o 22 de febreiro de 1996 en Kelmė, é un xogador de baloncesto profesional internacional lituano. Formado nas categorías inferiores do Žalgiris Kaunas, actualmente xoga para o Río Breogán da Liga ACB. Cunha altura de 2,08 m, xoga na posición de pivote.
Traxectoria Nado en Kelmė, Lituania, Sajus chegou ao profesionalismo da man do Žalgiris Kaunas, club co que asinou un contrato de cinco anos en 2014, comezando a xogar co filial do equipo da segunda división do país. Na súa primeira temporada, fixo unha media de 5,4 puntos e 3,9 rebotes por partido. En decembro de 2015, debido ás lesións no primeiro equipo debuta na máxima categoría LKL contra o BC Dzūkija, anotando no seu primeiro encontro dous puntos. O 29 de decembro de 2015, estreouse na EuroLiga contra o Laboral Kutxa. Após finalizar a temporada, foi cedido ao Polpharma Starogard Gdański da primeira división polaca. Tras unha tempada exitosa, regresou ao Žalgiris, dividindo o seu tempo entre o filial o primeiro equipo.
O 3 de xullo de 2018, separouse do equipo e asinou co Wilki Morskie Szczecin polaco. Durante a temporada 2019−20, regresa a Lituania para xogar nas filas do Lietkabelis, debutando tamén na Basketball Champions League. Nesta última competición fai unha media de 8,9 puntos e 4,9 rebotes por partido. El 6 de xuño de 2020 faise oficial a súa fichaje polo BAXI Manresa da Liga ACB. Após finalizar o seu contrato co club catalán, asina co Medi Bayreuth da Basketball Bundesliga, onde fai unha media de 11,2 puntos e 7,1 rebotes por encontro. Tras un ano en Alemaña, asina co ONVO Büyükçekmece da Basketbol Süper Ligi (BSL), sendo os seus números 10,5 puntos e 5,4 rebotes por xogo. O 17 de xullo de 2023, Sajus asinou un contrato dun ano con Río Breogán da Liga ACB e a Basketball Champions League.
Clubs Ao longo da súa carreira, Sajus ten xogado para os seguintes equipos profesionais: Žalgiris-2 Kaunas (NKL, 2014–2016) Žalgiris Kaunas (LKL / Euroliga, 2015–2016) Polpharma Starogard Gdański (PLK, 2016–2017) Žalgiris-2 Kaunas (NKL, 2017–2018) Žalgiris Kaunas (LKL, 2018) King Szczecin (PLK, 2018−2019) Lietkabelis Panevėžys (LKL / BCL, 2019−2020) Baxi Manresa (ACB, 2020−2021) Medi Bayreuth (BBL / FEC, 2021–2022) ONVO Büyükçekmece (BSL, 2022–2023) CB Breogán (ACB / BCL, 2023−presente)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en acb.com Perfil en Proballers
Categoría:Nados en 1996 Categoría:Nados no condado de Šiauliai Categoría:Xogadores de baloncesto de Lituania Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores do BC Žalgiris-2 Kaunas Categoría:Xogadores do BC Žalgiris Kaunas Categoría:Xogadores do SKS Starogard Gdański Categoría:Xogadores do Wilki Morskie Szczecin Categoría:Xogadores do BC Lietkabelis Categoría:Xogadores do Bàsquet Manresa Categoría:Xogadores do Medi Bayreuth Categoría:Xogadores do Büyükçekmece Basketbol Categoría:Xogadores do Club Baloncesto Breogán Categoría:Xogadores da selección de baloncesto de Lituania