A Capela dos Scrovegni, en italiano Cappella degli Scrovegni, tamén coñecida como Cappela dell'Arena, é unha pequena igrexa de Padua, na rexión de Véneto en Italia. Contén un ciclo de frescos de Giotto, executado entre 1304-06, que é unha das obras mestras máis importantes da arte occidental do Trecento.
A igrexa linda cun mosteiro agostiño, o Monastero degli Eremitani. A capela e o mosteiro forman agora parte do conxunto dos Museos Cívicos de Padua.
En 2021, os frescos da capela foron declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, como parte dun grupo de oito bens inscritos de Padua (Serie de frescos do século XIV de Padua).
Unha réplica a escala 1:1 da Capela Scrovegni atópase no Xapón, no Museo de Artes de Otsuka.
Denominación Malia que o actual propietario da capela, a cidade de Padua, sempre se refire a ela como a Capela dos Scrovegni e ese é o nome máis común, tamén é coñecida por outras denominacións como son:
Cappella dell'Arena (Capela da Area). Este nome fai referencia ao lugar onde foi construído pois se ergue no espazo que contiña o antigo anfiteatro romano de Padua. Desa contrución só se conservou o muro de anel e a parte que coincidiu coa fachada cóncava do palazzo dos Scrovegni desapareceu con ese palacio. Chiesa di Santa Maria dell'Annunziata ou simplemente Chiesa dell'Annunziata (Igrexa da Anunciación). Este foi o nome orixinal pois inicialmente estaba adicada á Anunciación de María. Oratorio di Santa Maria della Caritá (ou Oratorio da Nosa Señora da Misericordia).Wolf (2007), p. 33 (Nunha bula papal do 1 de marzo de 1304, o papa Bieito XI concedeu unha indulxencia aos visitantes deste Oratorio "Virginis de Caritate", como se lle chama á capela).
Descrición do edificio O edificio é moito máis grande do que suxire o nome de capela e foi construído en ladrillo. A planta consta dunha soa nave rectangular que se conecta co coro e mide 20,88 m de longo e 8,41 m de largo por 12,65 m de alto e está cuberta cunha bóveda de canón. O coro onde está o altar é case cadrado (4,49 × 4,31 m) e conta cunha ábsida pentagonal que prolonga o coro e se estreita na parte posterior por dous muros inclinados. Sobre a ábsida sobresae o campanario dunha modesta altura. A sancristía ábrese ao coro por unha porta.
Segundo o costume cristián, a capela sitúase de xeito que o coro estea orientado ao leste. A entrada orixinal está situada na fachada frontal do lado oeste, pero xa non se utiliza. O muro norte da nave está totalmente pechado. A luz do día entra pola ventá gótica de tres partes da fachada principal, polas seis fiestras de arco estreito no lado sur, polas dúas nos muros inclinados da ábsida e por unha pequena ventá redonda no muro entre elas.
O estilo da constución manifesta claramente o tránsito entre o románico e o gótico na fachada, onde un arco de medio punto abrangue tres fiestras de arco apuntado, e na combinación dunha bóveda de canón sobre a nave con bóveda de crucería sobre o coro e a ábsida. Baixo a nave había un espazo subterráneo coa mesma superficie, que estaba disposto como refectorio dos gaudentes.Banzato (2003), p. 157 No século XV construíuse un pórtico contra a fachada, pero non foi reconstruído despois do derrubamento en 1817.Mazzocco (2003). p. 141 (Este pórtico aínda se pode ver nunha acuarela de principios do século XIX).Basile (2003), p. 91 Tamén no século XV pintáronse frescos no exterior da fachada, que tampouco se conservan.Donvito (2003), pp. 142-143
A capela foi dedicada a Santa María della Caritá, durante a festa da Anunciación de 1303 e foi consagrada o 25 de marzo de 1305 e, para conmemoralo, se compuxo un motete de Marchetto da Padova.
A capela tamén é coñecida como a Capela da Area porque foi construída nun terreo comprado por Enrico Scrovegni que colindaba co lugar dunha area romana. O espazo era onde se representaba unha procesión ao aire libre e unha representación sagrada da Anunciación á Virxe durante unha xeración antes de que se construíse a capela.
A capela tiña un propósito funerario, e o propio Enrico, falecido en 1336, está soterrado nun sarcófago na ábsida, na parte posterior do altar, e estivo pintada coma no Xuízo Final, presentando unha maqueta da capela á Virxe, o que fai pensar que se preocupaba polo seu benestar despois da morte. Aínda que a capela tiña unha función privada, tamén estaba aberta ás celebracións da cidade.
Orixinalmente a capela estaba conectada por unha porta lateral co palacio familiar, hoxe desaparecida, e que fora construída por orde dos Scrovegni seguindo o trazado elíptico dos restos dun anfiteatro romano próximo que actualmente forma o xardín fronte á edificio, visitado por milleiros de turistas.
Frescos Giotto e o seu equipo cubriron con frescos todas as superficies internas da capela, incluíndo as paredes e o teito. A nave mide 20,88 metros de lonxitude, 8,41 metros de largo e 12,65 metros de altura. A zona da ábsida contén un espazo cadrado (4,49 metros de profundidade e 4,31 metros de largo) e unha zona pentagonal (2,57 metros de profundidade). O elemento máis importante son os frescos con ciclos extensos que mostran a Vida de Cristo e a Virxe no seu papel na salvación humana. O muro do fondo da igrexa, polo que se accede á capela, ten un gran Xuízo Final. Tamén hai paneis en grisalla (monocromáticos) que mostran os Vicios e as Virtudes.
A capela foi adquirida polo concello de Padua en 1880 e dende entón foi restaurada en varias ocasións con contrafortes á vista e cuberta a dúas augas. A última remodelación tivo lugar no ano 2001.
Hipótese Hai autores que aluden a unha segunda motivación na súa construción. Opinan que Enrico construíu a capela como penitencia polos pecados do seu pai pois, seu pai -Reginaldo degli Scrovegni-, foi o usureiro que aparece como personaxe no sétimo círculo do Inferno, na Divina Comedia de Dante Alighieri.
Enrico dedicou un parágrafo do seu testamento ao desexo dos seus herdeiros de preservar o xacemento. Ciclo de frescos A decoración mural da capela é unha das obras mestras máis importantes de Giotto di Bondone. Aínda que non existe documentación específica do contrato que lle fixeron ao artista, críticos e historiadores coinciden en que a capela probablemente rematouse de pintar en 1305 ou 1306. Os frescos están dispostos en tres bandas horizontais superpostas. Cada unha contén seis caixas sucesivas, o que supón un total de 36 caixas. A orde narrativa é de esquerda a dereita e de arriba abaixo.
O ciclo de frescos de Giotto céntrase na vida da Virxe e celebra o seu papel na salvación humana. A capela tamén se chama Capela Arena porque foi construída nunha zona comprada por Enrico Scrovegni, que fora o lugar dun anfiteatro romano, onde tiñan lugar as procesións ao aire libre e as representacións sagradas da Anunciación. Un motete de Marchetto da Padova parece que foi composto para a dedicatoria do 25 de marzo de 1305. O rico banqueiro Enrico degli Scrovegni construíu a capela privada nun lugar que tiña acceso directo ao seu palazzo familiar e lle encargou a Giotto a decoración. miniatura|Esquema da localización dos frescos na capela.
Ciclo de frescos de Giotto na Capela degli Scrovegni Xoaquín é expulsado do templo de Deus Preludio ás historias de María e de Cristo Xoaquín entre os pastores Un anxo aparece para Santa Ana nas oracións Xoaquín sacrifica un cabrito ao Señor O soño de Xoaquín Xoaquín e Ana atópanse na Porta Dourada de Xerusalén Nacemento de Nosa Señora Presentación de Nosa Señora Casamento da Virxe Comitiva nupcial Misión da Anunciación para María Anunciación Visita Presentación de Xesús no Templo Fuxida a Exipto Masacre dos Inocentes Xesús entre os doutores Bautismo de Xesús Vodas de Canaán Resurrección de Lázaro Entrada triunfal en Xerusalén Expulsión dos mercadores do Templo Traizón de Xudas Última Cea Lavatorio de pés Beixo de Xudas Xesús ante Caifás Flaxelación de Xesús A ascensión ao Calvario Crucifixión de Xesús Lamento de Cristo Resurrección de Xesús Ascensión de Xesús Pentecostés Xuízo Final Alegoría das Virtudes e os Vicios
Imaxes ImaxeNomeDimensión (cm)ImaxeNomeDimensión (cm)100x100pxA expulsión de Xoaquín200x185100x100pxO nacemento da Virxe200x185100x100pxXoaquín entre os Pastores200x185100x100pxPresentación de María no Templo200x185100x100pxAnunciación a Santa Ana200x185100x100pxPresentación das varas no Templo200x185100x100pxOfrenda de Xoaquín200x185100x100pxOración dos requerintes200x185100x100pxSoño de Xoaquín200x185100x100pxVodas da Virxe200x185100x100pxJoaquín e Ana encóntranse no Portón Dourado200x185100x100pxProcesión nupcial200x185100x100pxAnunciación - O Anxo Gabriel, enviado por Deus150x195100x100pxAnunciación - A Virxe recibe a mensaxe150x195
A Vida de Cristo ImaxeNomeDimensión (cm)ImaxeNomeDimensión (cm)118x118pxVisitación150x140110x110pxTraizón de Xudas150x140102x102pxNatividade - Nacemento de Xesús200x185100x100pxÚltima Cea200x185101x101pxAdoración dos Magos200x185100x100pxLavado dos pés200x185101x101pxPresentación de Cristo no Templo200x185100x100pxPrisión de Cristo (Beixo de Xudas)200x185102x102pxFuga para o Exipto200x185100x100pxCristo perante Caifás200x185101x101pxMasacre dos Inocentes200x185100x100pxCristo Humillado200x185100x100pxCristo entre os doutores200x185100x100pxCamiño para o Calvario200x185100x100pxBatismo de Cristo200x185100x100pxCrucifixión200x185100x100pxVodas de Canaán200x185100x100pxLamento por Cristo morto(Velorio de Cristo)200x185100x100pxResurrección de Lázaro200x185100x100pxResurrección (Noli me tangere)200x185100x100pxEntrada en Xerusalén200x185100x100pxAscensión200x185100x100pxExpulsión dos mercaderes do Templo200x185100x100pxPentecostés200x185127x127pxCoretto150x140128x128pxCoretto150x140
Vícios e Virtudes ImaxeNomeDimensión (cm)ImaxeNomeDimensión (cm)188x188pxPrudencia120x60186x186pxLoucura120x55193x193pxRectitude120x55186x186pxInconstancia120x55186x186pxTemperanza120x55191x191pxIra120x55209x209pxXustiza120x60175x175pxInxustiza120x60207x207pxFe120x55187x187pxInfidelidade120x55185x185pxCaridade120x55175x175pxEnvexa120x55183x183pxEsperanza120x60191x191pxDesespero120x60 ImaxeNomeDimensión (cm)101x101pxA bóveda100x100pxA misión da Anunciación a María230x690136x136pxXuízo Final1000x840140x140pxCircuncisión200x40134x134pxCrucifixión
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Giotto Padua Ligazóns externas Páxina web da capela
Categoría:Patrimonio da Humanidade en Italia Categoría:Igrexas góticas Categoría:Capelas