Buddleja, escrito tamén Buddleia, é un xénero da familia Scrophulariaceae, aínda que no pasado foi clasificada na súa propia familia, Buddlejaceae.
Descrición A maioría das 100 especies son arbustos, poucas son árbores; os máis altos chegan a 30 m de altura, pero en xeral non superan os 5 m. Hai tanto especies perennifolias como caducifolias. Son nativas das partes cálidas do Novo Mundo desde o sur de EE. UU. até Chile, e amplamente no Vello Mundo en África e partes cálidas de Asia, ausente en Europa e en Australasia.
As especies divídense en dous grupos polo seu tipo floral, aquelas do Novo Mundo dioicas, e as do Vello Mundo monoicas.
Follas lanceoladas na maioría das especies, e en pares opostos sobre os talos (alternada nunha especie, Buddleja alternifolia); de 1 a 30 cm de lonxitude. Flores en densas panículas de 10 a 50 cm de lonxitude; cada flor individual tubular, de 1 cm de lonxitude, coa corola dividida en catro lóbulos (pétalos), de 3 a 4 mm. A cor da flor varía amplamente: branca, rosa, vermella, púrpura, laranxa ou amarela polas especies e cultivares; son ricas en néctar e frecuentemente moi aromáticas. Froito: pequena cápsula de 1 cm de lonxitude e de 1 a 2 mm de diámetro, con numerosas e pequenas sementes; en poucas especies (previamente clasificadas no xénero Nicodemia) a cápsula é branda e carnosa, formando unha baga.
Cultivo e usos Varias especies son populares plantas de xardín.
A especie máis popular cultivada é a Buddleja davidii nativa da China central. Outra planta común de xardín é Buddleja globosa do sur de Chile, cun néctar fortemente aromático e flores laranxa globulares, e Buddleja alternifolia con flores lilas. Híbridos interespecíficos B. x weyeriana ( B. globosa x B. davidii ). Buddleia incana é unha árbore moi frondosa que medra na Puna andina de Perú e Bolivia (entre 3.500 e 3.800 m s. n. m. ), mentres que Buddleia coriacea, que tamén medra nas terras altas, é un arbusto empregado como combustible.
Hai especies asilvestradas procedentes de xardíns como B. davidii, que é unha gran colonizadora de terras secas; en zonas da Bretaña, pode verse prosperar en escampados, directamente como unha maleza. Aparece en vías férreas, fábricas, e outros espazos marxinais; chegando a vivir en climas continentais, con todo non soportan temperaturas por baixo de -15 a -20 °C.
Taxonomía O xénero foi descrito por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 112. 1753.
Etimoloxía
Buddleja: nome xenérico outorgado en honra de Adam Buddle, botánico e reitor en Essex, Inglaterra.
Nomenclatura O nome correcto para o xénero sería "Buddleia". Con todo, Linné escribiu "Buddleja", e nunca llo cambiou, e por tanto, este ten prioridade. Con todo non hai unha forma preferente nos textos científicos.
Especies
Lista de especies de Buddleja
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Buddleja globosa imágenes de Chilebosque Referencias a la nomenclatura
Categoría:Plantas descritas en 1753 Categoría:Scrophulariaceae