O Supermarine Sea King foi un biplano de combate anfibio británico deseñado por Supermarine en 1919. Desenvolvido a partir do Supermarine Baby e do Supermarine Sea Lion I, o Sea King era un biplano monopraza impulsado por un motor pusher Beardmore de160 cabalos (120 kW). Voou por primeiras vez a principios de 1920 e foi exposto por Supermarine no Olympia Show de 1920 en Londres. A compañía publicou debuxos do deseño do avión antes da exhibición; o que se expuxo foi probablemente un Supermarine Baby modificado.
O Sea King foi redeseñado polo novo xefe de deseño de Supermarine Reginald Mitchell en 1921, quizais co obxectivo de cumprir co requisito do Ministerio do Aire para un caza capaz de operar tanto dende portaavións como dende a auga. Designado Sea King II, estaba impulsado por un motor Hispano-Suiza 8 de 300 cabalos de potencia (220 kW). Voou por primeira vez en decembro de 1921 e demostrou unha manobrabilidade e estabilidade excelentes, aínda que non foi seleccionado para produción. Foi reconstruído por Mitchell e equipado cun motor Napier Lion; renomeado como Sea Lion II, gañaría o trofeo Schneider de 1922.
Deseño e desenvolvemento
Sea King I miniatura|Esquema do Sea King O 29 de outubro de 1919, Supermarine comezou o deseño dun hidroavión de combate monopraza. Desenvolveuse a partir do Supermarine Baby e dun avión desenvolvido a partir del, o Supermarine Sea Lion I.Andrews & Morgan 1981, p. 52 O prototipo do Baby voara por primeira vez tras completarse en febreiro de 1918,Pegram 2016, p. 19Bruce 1957, p. 647 pero nunca operou durante a primeira guerra mundialAndrews & Morgan 1981, p. 4 e non chegaría a ser usado tampouco despois. O Sea Lion I participara no trofeo Schneider de 1919, pero os resultados da competición anuláronse cando a carreira rematou en caos debido á brétema.Pegram 2016, pp. 23-24
O avión resultante, coñecido como Sea King, era un biplano monopraza cun motor pusher Beardmore de 160 cabalos (120 kW). Coñécense poucos detalles sobre o deseño na súa forma orixinal. A metralladora que montaba estaba situada o suficientemente abaixo como para que o piloto tivese unha visión sen obstáculos diante del.
Sea King II En 1921, Reginald Mitchell, nese momento deseñador xefe de Supermarine, produciu un deseño revisado do Sea King. Probablemente foi feito para cumprir os requisitos da especificación N6/22, que buscaba o deseño dun caza capaz de operar tanto dende un portaavións como da auga.Lewis 1979, p. 143 En decembro de 1921, seis meses despois de completarse o deseño. o avión foi construído e estaba listo para as probas.Andrews & Morgan 1981, p. 54
O resultante Sea King II era un biplano monopraza con casco de madeira, un tren de aterraxe principal retráctil e un patín de cola fixo. A cola, agora moi modificada, tiña un estabilizador de tipo monoplano montado na metade da única deriva cun só temón; tanto a deriva como o temón eran máis grandes que os do Sea King I. O avión estaba impulsado por un motor de 300 cabalos (220 kW) Hispano-Suiza 8. Ao mando de arranque do Sea King II e ao tapón da gasolina accedíase dende detrás do asento do piloto. Os puntais do tren de aterraxe foron deseñados para garantir que os choques no casco fosen reducidos cando a máquina aterrase. Unha característica única do Sea King II era un tubo que atravesaba o casco para subministrar aire ao chanzo traseiro.Andrews & Morgan 1981, p. 55
O Sea King II foi o primeiro avión deseñado por Mitchell tras converterse en xefe de deseño de Supermarine en 1919.Andrews & Morgan 1981, p. 56Price 2002, p. 11 Deseñouno tendo en conta a facilidade de mantemento: o motor estaba montado independentemente das ás e só había que quitar 18 parafusos para engalar a estrutura da á, a unidade de potencia e o tren de aterraxe.
Historial operacional miniatura|250x250px|Supermarine Sea King I no Olympia Show Crese que o Sea King I voou por vez primeira a principios de 1920, aínda que quizais non voase nunca xa que nunca foi rexistrado.Pegram 2016, p. 34 Descoñécese a data exacta e o nome do piloto. O avión expúxose no Olympia Show de 1920 en Londres, onde foi o único exemplo dun hidroavión de combate monopraza. Supermarine publicou debuxos do deseño do Sea King antes da exhibición; o aparello exposto foi probablemente un N60 Baby modificado.Pegram 2016, p. 27 Hai evidencias de que se levaran a cabo modificacións na estrutura da á antes de que a aeronave aparecese en Olympia, e que o seu rendemento mellorou cando foi equipado cun motor Siddeley Puma.
O Sea King II foi rexistrado como E-BAH en decembro de 1921, cando foi nomeado como o Supermarine Amphibian Scout, e voou por primeira vez ese mes. Durante as probas demostrou unha manobrabilidade e unha estabilidade excelentes, sen amosar problemas no contacto coa auga. Non foi escollido para produción, e os Fairey Flycatcher e Parnall Plover, dous biplanos que podían converterse entre ter tren de aterraxe convencional e flotadores, foron pedidos en pequenos números para máis probas. O Flycatcher sería finalmente o elixido para equipar os portaavións da Royal Navy.
Legado miniatura|251x251px|O casco do Sea Lion II e o motor Napier Lion O Sea King II foi reconstruído por Mitchell como un hidroavión de carreiras e equipado cun motor Napier Lion para converterse no Supermarine Sea Lion II, que gañou o trofeo Schneider de 1922. O Sea Lion II estaba impulsado por un Napier Lion de 450 hp (340 kW)Jackson 1988, p. 314 prestado por Napier.Andrews & Morgan 1981, p. 60 O novo motor incrementou a potencia un 50%.Pegram 2016, p. 36 O avión gañou a carreira voando a unha velocidade media de 234,5 km/h. A vitoria foi o primeiro éxito posterior á primeira guerra mundial dun avión británico nunha competición internacional, e xerou unha gran cantidade de publicidade para Supermarine.
Variantes
Sea King I Hidroavión de combate. Impulsado por un motor Beardmore de 160 cabalos (120 kW) ou un Siddeley Puma de 240 cabalos (180 kW). Só un construído. Sea King II Sea King I revisado convertido en 1922.Andrews & Morgan 1981, p. 355 Impulsado por un motor Hispano de 300 cabalos de potencia (220 kW).
Especificacións (Sea King I) Datos de Supermarine Aircraft since 1914
Características xerais
Tripulación: 1 Lonxitude: 8,33 m Envergadura: 10,82 m, 1,55 m máis que a á inferior Altura: 3,53 m Superficie alar: 31,5 m2 Peso baleiro: 959 kg Peso bruto: 1 134 kg co motor Beardmore Capacidade de combustible: 50 galóns"The Supermarine Single-Seater Fighting Scout "Sea King" Mark II". Flight Magazine. 20 de abril de 1922 Planta de potencia: 1 motor de pistóns refrixerado por aire Beardmore de 160 hp (120 kW) Hélices: hélice impulsora de paso fixo
Rendemento
Velocidade máxima: 177,8 km/h a nivel do mar
Especificacións (Sea King II) Datos de Supermarine Aircraft since 1914
Características xerais
Tripulación: 1 Lonxitude: 8,15 m Envergadura: 9,75 m Altura: 3,53 m Superficie alar: 32,7 m2 Peso baleiro: 959 kg Peso bruto: 1 293 kg Capacidade de combustible: 50 galóns Planta de potencia: 1 motor de pistóns refrixerado por auga Hispano-Suiza 8F V-8 de 300 hp (220 kW) Hélices: hélice impulsora de paso fixo de 4 pas
Rendemento
Velocidade máxima: 201 km/h a nivel do mar Autonomía: 2 horas Tenpo a altitude: 10,000 ft (3,048 m) in 12 minutes Carga alar: 40 kg/m2 Potencia/masa: 8.4 lb/hp
Armamento
Armas: 1 canón Lewis de 7,7 mm fixo de toro cara a adiante
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Aeronaves de Supermarine Categoría:Aeronaves co primeiro voo en 1920 Categoría:Hidroavións