Tyus Robert Jones Sr., nado o 10 de maio de 1996 en Burnsville, Minnesota, é un xogador profesional estadounidense de baloncesto que xoga nos Washington Wizards da National Basketball Association (NBA). Con 1,88 metros de estatura xoga na posición de base.
Traxectoria profesional O 25 de xuño de 2015, Jones foi seleccionado polos Cleveland Cavaliers na 24ª posición do Draft da NBA de 2015 e foi traspasado ós Minnesota Timberwolves a cambio dos dereitos do Draft de Cedi Osman e Rakeem Christmas. O 7 de xullo de 2015, Jones asinou cos Timberwolves. O 10 de novembro de 2015, Jones debutou na NBA contra os Charlotte Hornets.
O 11 de xullo de 2019, Jones asinou un contrato de tres anos cos Memphis Grizzlies. O 6 de xullo de 2022, Jones asinou un novo contrato cos Grizzlies por dous anos.
O 22 de xuño de 2023, os Grizzlies traspasaron a Jones ós Washington Wizards, como parte dun traspaso entre tres equipos que mandou a Kristaps Porziņģis ós Boston Celtics e a Marcus Smart ós Grizzlies. Os Wizards fixéronse tamén con Danilo Gallinari, Mike Muscala e unha elección da segunda rolda do Draft de 2023 dos Celtics.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en BasketballReference.com
Categoría:Nados en 1996 Categoría:Nados en Minnesota Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Cleveland Cavaliers Categoría:Xogadores dos Minnesota Timberwolves Categoría:Xogadores dos Memphis Grizzlies