O wallisiano ou ʻuveano é unha lingua polinesia falada na illa de Wallis (tamén coñecida como ʻUvea). A lingua tamén é coñecida como uveano do leste para distinguila da lingua uveana do oeste falada na illa de Ouvéa, preto de Nova Caledonia. Esta illa foi colonizada dende a illa de Wallis no século XVIII.
Indíxena da illa de Wallis, a lingua tamén é falado en Nova Caledonia dende a década de 1950 por mor da migración de moitos wallisianos (especialmente en Nouméa, Dumbéa, La Foa e Mont Dore). Segundo o CIA World Factbook, en 2015 tiña 7.660 falantes. Porén, Livingston (2016) expón que o número real de falantes é moito máis alto (ao redor de 20.000), aínda que é difícil de contar con precisión.
A lingua máis achegada ao wallisiano é o niuafo'ou. Tamén está estreitamente relacionada co tongano, xa que aínda que forma parte do subgrupo samoico, conta con moitos préstamos e influencia do tongano debido á invasión tongana da illa nos século XV e XVI. Wallis está habitada dende hai 3.000 anos.Pollock, Nancy J. Rethinking Western Polynesia, 'Uvea in the Early Tongan Empire. 1996
Alfabeto O wallisiano ten dez vogais: as cinco vogais estándar: /a, e, i, o, u/ e as súas variantes alongadas: ā, ē, ī, ō, ū.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Linguas de Nova Caledonia Categoría:Linguas de Wallis e Futuna Categoría:Linguas polinesias