Étienne Cartier, nado en Tours o 11 de outubro de 1780 e finado en Amboise o 22 de xullo de 1859, foi un home de negocios, numismático e historiador da arte francés.
Traxectoria
Étienne-Jean-Baptiste Cartier era fillo de Madeleine-Perrine Champoiseau (1763-1809) e de Étienne-Alexandre-Gatien Cartier (1755-1830), un comerciante e produtor de seda. Foi bautizado o 12 de outubro de 1780 na parroquia de St. Pierre le Puellier, na súa cidade natal de Tours."Étienne-Jean-Baptiste Cartier". Geneanet.org
Logo de cursar os seus estudos superiores no colexio da abadía de Pontlevoy, en Loir e Cher, incorporouse ao negocio téxtil familiar, asumindo a dirección do establecemento comercial de Tours. En 1812 foi admitido como membro da Sociedade de Fomento da Industria Nacional."Cartier Étienne Juan-Baptiste". Comité des travaux historiques et scientifiques (CTHS.fr).
Durante os Cen Días, foi membro da Sociedade de Cabaleiros do Anel e da Sociedade dos Francos Rexenerada, e participou nos movementos realistas de Touraine e Vendée. Baixo a Segunda Restauración, foi concelleiro e xuíz do Tribunal de Comercio de Tours (1824). Tamén foi membro do Consello Xeral de Manufacturas e caixeiro da Casa da Moeda de París (1825).
De volta ao ámbito privado, logo da revolución de xullo de 1830, instalouse en Amboise e dedicouse a traballos históricos, literarios e científicos, con especial interese pola numismática. Baseándose sobre todo nos arquivos do Concello de Tours, preparou unha nota sobre o estado da manufactura da seda baixo Lois XI.
Colaborou coa Sociedade de Agricultura, Ciencias, Artes e Letras de Indre-et-Loire; foi admitido como membro correspondente da Sociedade de Anticuarios de Francia en 1834 e fundou a Revue de la numismatique française en 1835, xunto con Louis de La Saussaye, con quen compartiu a súa dirección entre 1836 e 1855."Directeurs et sécretaires de la Revue Numnismatique 1836-1986". En Lafaurie, J. (1986). "La Revue Numismatique a 150 ans". En Revue Numismatique. Páxina 47. Tamén foi membro do Comité dos Traballos Históricos e Científicos de Francia, da Sociedade Académica dos Anticuarios da Morinie e da Sociedade de Anticuarios do Oeste.
A súa obra máis sobranceira é unha serie de artigos publicados entre 1836 e 1842 na Revue de la numismatique fraçaise (posteriormente chamada Revue numismatique), coa que intentou reconstruír a historia da moeda francesa, baixo o título xenérico de "Lettres sur l´histoire monétaire de France". Na mesma revista publicou tamén abundantes artigos acerca de variados aspectos da numismática francesa.Véxase "Bibliografía".
En 1856 concedéuselle o título de cabaleiro da Lexión de Honra.
Vida persoal Étienne Cartier casou o 12 de setembro de 1809 con Judith Thérèse Gaillard, filla de Claude Auguste Gaillard, xuíz do tribunal de Blois, e de Anne Tournyer. Con ela tivo un fillo e dúas fillas: Étienne Cartier (1813-1887),"Cartier, Étienne". En Dictionnaire critique des historiens de l’art. Institut national d'histoire de l'art (INHA.fr). Caroline Cartier e Pauline Cartier.
Étienne cartier finou en Amboise o 22 de xullo de 1859, aos 78 anos.
Publicacións Esta é unha escolma dos traballos publicados por Étienne Cartier ao longo da súa traxectoria:
(1836-1842). "Lettres sur l´histoire monétaire de France". En Revue de la numismatique françoise. (1836). "I: Notions préliminaires". Páxinas 61-75. (1836). "II: Numismatique gauloise, gallo-grecque et gallo-romaine". Páxinas 141-161. (1836). "III: Monnoies Mérovingiennes". Páxinas 389-412. (1837). "III (supplément): Monnoies Mérovingiennes". Páxinas 181-192. (1837). "IV: Monnoies de la IIe race". Páxinas 251-274. (1837). "IV (supplément): Monnoies de la IIe race". Páxinas 334-346. (1838). "V: Monnoies de la IIIe race jusqu'à Charles VI". Páxinas 90-109. (1838). "VI: Monnoies de la IIIe race depuis Charles VI jusqu'à Henry IV". Páxinas 368-388. (1839). "VII: Nouvelles considérations sur les Monnoies Mérovingiennes". Páxinas 417-440. (1841). "VIII: Établissement du système décimal". Páxinas 127-154. (1841). "IX: Monnoies Baronales". Páxinas 256-284. (1842). "X: Monnoies historiques". Páxinas 289-295. (1837). "Notes pour servir a l'histoire monétaire des provinces de France". En Revue de la numismatique françoise. Páxinas 37-56. (1847). Du symbolisme chrétien dans l'art. Impr. Lecense, Tours. Notas
Véxase tamén
Bibliografía
De La Saussaye, L. (1860), Notice biographique sur M. E. J. B. Cartier. Rollin, París. Carré de Busserolle, J. X. (1879). "Cartier (Étienne-Jean-Baptiste)". En Dictionnaire géographique, historique et biographique d'Indre-et-Loire et de l'ancienne province de Touraine. Vol. II. Société archéologique de Touraine, Tours. Páxinas 31-32.
Categoría:Nados en 1780 Categoría:Finados en 1859 Categoría:Nados en Tours Categoría:Numismáticos de Francia Categoría:Historiadores de Francia Categoría:Escritores de Francia Categoría:Membros da Sociedade de Anticuarios de Francia Categoría:Empresarios de Francia Categoría:Cabaleiros da Lexión de Honra