Salvador Sánchez García, coñecido como Limiñón, nado en Betanzos cara a 1910 e finado no mesmo concello o 29 de novembro de 1971, foi un militar e político galego.

Traxectoria

Estudou na Academia Militar de Zaragoza. Afiliouse a Falange Española o 14 de novembro de 1933. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi alférez provisional e xefe da primeira Bandeira de Falange da Coruña. Ao rematar a guerra foi de xefe comarcal de Falange Española Tradicionalista y de las JONS de 1941 a 1952. Finou en Betanzos o 29 de novembro de 1971.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 30-11-1971, p. 12. Foi deputado provincial. En 1963 foi elixido concelleiro de Betanzos polo terzo familiar. Vida persoal

Casou con Ascensión Sarasá Gracia e foi pai de Manuel, María del Pilar, Ascensión, Margarita e Rosa María Sánchez Sarasá. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Falanxistas

Categoría:Militares de Galicia

Categoría:Concelleiros de Betanzos

Categoría:Concelleiros de Galicia durante o franquismo e a transición

Categoría:Deputados provinciais da Coruña

Categoría:Nados en Betanzos

Categoría:Nados en 1910

Categoría:Finados en 1971