A Anchusa undulata é unha planta herbácea da familia das Boraginaceae, moi variable e que presenta moitas formas locais.

Descrición Planta bienal ou perenne de até 60 cm de altura, plumosa e de vilosidade áspera densamente pubescente ou case gabra. Follas alternas, oblongo-lanceoladas de até 15 cm de lonxitude escasamente dentadas e coa marxe fortemente ondulada ou rizadas, as inferiores estreitadas en pecíolo e as superiores sentadas. Talos de 30 a 60 cm de altura foliosos e ramificados na base. Flores hermafroditas con corola púrpura-denegrida que pasa a unha cor azul intensa, dispostas en inflorescencias unilaterais que se alongan, cáliz de 5-10 mm en flor e até 20 mm no froito, dividido até preto da metade. Tubo corolino de 1 a 1,5 cm que excede en lonxitude aos pétalos e ao cáliz, escamas da garganta redondeadas con marxe ciliado, máis curtas que este último e cos estames insertos no alto do tubo. Florece na primavera.

Hábitat En campos areosos e rochosos, malezas, cultivos e baldíos.

Distribución esquerda|miniatura|240x240px|Detalle das flores A. undulata é unha especie endémica da península ibérica e Marrocos, moi variable, que deu como consecuencia o recoñecemento de varios taxóns infraespecíficos endémicos da península ibérica (Valdés, B. (1981) ou de Marrocos (Valdés, 2002; Ouyahya, 2007).Valdés, B. (1981). Anchusa undulata L. en Andalucía Occidental. Lagascalia10: 104-110(2002). Boraginaceae. En B. Valdés, M. Rejdali, A. Achhal El Kadmiri, S. Jury & J. M. Montserrat (eds.) Catalogue des Plantes Vasculaires du Nord du Maroc, Incluant des Clés d’ídentifi cation 2. C.S.I.C., MadridOuyahya, A. (2007). Boraginaceae. In M. Fennane, M. Ibn Tattou, A. Ouyhya & El Oualidi (eds.) Flore Pratique du Maroc2: 377-405. (Travaux de l’Institut Scientifi que, Série Botanique 38). Rabat Esta especie distribúese por practicamente toda a Península, salvo parte de Galicia, cornixa Cantábrica, Navarra, Aragón, Cataluña e País Valenciano.

Taxonomía dereita|miniatura|330x330px|Vista da planta Anchusa undulata foi descrita por Carl von Linné e publicada en Species Plantarum 1: 131. 1753.

Anchusa undulata

descrita por Pall. en 1776 é a Anchusa ochroleuca de M.Bieb.https://www.gbif.org/species/8305110 descrita por Sibth. & Sm. é a Anchusa hybrida de Ten. descrita por Vahl é a Anchusa hybrida de Ten. descrita por Vahl ex DC. é a Anchusa hybrida de Tenhttps://www.gbif.org/species/7836663.

Citoloxía

Número de cromosomas de Anchusa undulata (Fam. Boraginaceae) e taxons infraespecíficos: 2n=16Cytotaxonomy of spanish plants. IV.-Dicotyledons: Caesalpinacea-Asteracea. Löve, A. & E. Kjellqvist (1974) Lagascalia 4(2): 153-211

Etimoloxía

Anchusa: nome xenérico do latín anchusa para unha planta utilizada como cosmético ou como emoliente para calmar e suavizar a pel.Nombres botánicos

undulata: epíteto latino que significa "ondulada".En Epítetos Botánicos

Sinonimia esquerda|miniatura|240x240px|Detalle das follas. Nota: Os nomes que presentan ligazóns son sinónimos noutras especies:https://www.gbif.org/species/5341198 Anchusa azurea

Anchusa angustifolia Anchusa angustissima Anchusa clavata Viv. ex A.DC. Anchusa nonneoides Fisch. & C.A.Mey. Anchusa undulata var. barceloi O.Bolòs & Vigo Anchusa undulata var. maritima Buglossum angustifolium Lycopsis elongata Lehm.

Notas

Categoría:Plantas descritas en 1753 Categoría:Flora da conca mediterránea Categoría:Flora de Galicia