Manuel Roldán Martínez-Bolaño, nado en Santiago de Compostela en 1906 e finado na Coruña o 2 de maio de 1989, foi un xornalista e escritor galego.
Traxectoria
Fillo de Manuel Roldán López, tenente coronel de Infantaría, e María Pilar Martínez Bolaño, e irmán de Antonio Roldán Martínez. Fixo o Bacharelato no Instituto de Santiago de Compostela. Foi mestre en Pontedeume, mestre de grao profesional de primeira ensinanza na Coruña, cesando en excedencia forzosa. Despois foi administrador xerente da Tipografía Obrera Nacional-sindicalista, procurador dos tribunais, director da Revista Sindical da Delegación Provincial de Sindicatos, xefe de Protocolo, Turismo e Propaganda do concello da Coruña, funcionario auxiliar da Administración do concello, director da Oficina de Prensa municipal e tesoureiro da Asociación de Prensa da Coruña.
Foi xornalista en Radio Nacional de España en Galicia onde foi coñecido pola súa sección diaria “Comentarios al éter” iniciada en 1940, e a súa herdeira dende 1962 “Suma y Sigue”. Colaborou en El Ideal Gallego, Faro de Vigo, Faro del Lunes, Hoja del Lunes, El Correo Gallego e La Voz de Galicia. Utilizou os pseudónimos Flavio, Xacobus, Félix de Margaride, X.X., Manuel Longueira, R.M., Marinedo, Don Gerión, Furabolos e Amicus.
Finou na Coruña o 2 de maio de 1989.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 3-5-1989, p. 28, 65.
Obras Las colectivizaciones agrarias en Cataluña. Dos años y medio de destrucción de vida y de riquezas, 1940. La Coruña habla... ¡¡Aúpa, Deportivo!!, 1950.
El Alcalde Molina, 1959. Recoñecementos
Festa da Poesía da Asociación da Prensa de Lugo, 1933.El Ideal Gallego, 11-10-1933, p. 2.
Accésit nos Xogos Florais Hispanoamericanos de 1948 polo seu artigo "Santiago, Caballero".La Noche, 6-9-1948, p. 5.
Premio Pérez Lugín, 1968. Vida persoal
Casou na Coruña con Blanca Hervada Sandéliz en abril de 1949,El Correo Gallego, 19-4-1949, p. 2 e foi pai de Manuel Roldán Hervada. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Manuel Roldán Martínez-Bolaño en Galiciana
Categoría:Xornalistas de Santiago de Compostela Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1906 Categoría:Finados en 1989