miniatura|Flores. miniatura|Frutificacións. Pardoglossum cheirifolium é unha especie de planta herbácea da familia das Boraginaceae.

Descrición É unha planta herbácea bienal, de 15-65cm de alto, xeralmente cuberta de tomento esbrancuxado e de talos simples ou ramificados desde a base, hirsutos ou tomentosos. As follas son densamente pelosas por ambas as caras, as da roseta basal de 20 por 2-3 cm, con pecíolo duns 7 cm e limbo oblanceolado ou elíptico, normalmente ausentes na fructificación e as caulinares inferiores longamente pecioladas, con limbo de 1,5-2(3) cm de anchura, oblanceolado ou elíptico mentres as medias e superiores, de 10 por 2cm, son oblanceoladas, oblongas ou ovado-oblongas. A inflorescencia é ramificada, máis pequena que o talo, con numerosas cimas. As flores teñen as brácteas inferiores de cada cima similares ás follas superiores, os pedicelos de 2-4 mm, erectos ou erecto-patentes. O cáliz ten 3,5-9 mm, con lóbulos ovados, densamente villosos na cara externa e ás veces tamén na interna, mentres a corola, de 3-6,5mm de diámetro, infundibuliforme, rosada ou vermella, que vira a púrpura ou un azul escuro durante a antesis, ten un tubo 3,5-6mm, cilíndrico, con 5 escamas obovadas cortamente ciliadas na garganta e os lóbulos de 1,5-2mm, patentes, planos, glabros. O ovario ten o estilo máis curto que o tubo da corola, e os froitos son tetranúculas de 5-10 por 5,5-7,5mm, coa cara dorsal convexa, ou comprimida e plana ou cóncava, usualmente densamente tuberculada, rodeada por unha marxe engrosada dunha cor parda escura.Cynoglossum cheirifolium en Flora Ibérica, RJB/CSIC, Madrid

Citoloxía Número de cromosomas: 2n=24Fernandes, A. & Leitao M.T.,Contribution à la connaissance cytotaxinomique des spermatophyta du Portugal, Bol. Soc. Brot., ser. 2, 46, p. 389-404, 1972

Hábitat Planta ruderal de lugares abertos, secos, ribazos, cunetas, repisas e pés de roquedo, etc.; desde 10 até 1500m de altitude.Cynoglossum cheirifolium en Flora Ibérica, RJB/CSIC, Madrid

Distribución É nativa do Mediterráneo occidental. En España, distribuída por toda a península cunha certa concentración no Levante alacantino e as Illas Baleares, máis dispersa cara ao noroeste.Cynoglossum cheirifolium en Flora Ibérica, RJB/CSIC, MadridCynoglossum cheirifolium en The Euro+Medit PlantBase

Taxonomía O xénero foi descrito primeiro por Carl von Linné como Cynoglossum cheirifolium e publicado en Species Plantarum, vol, 1, p. 134, 1753 e posteriormente incluído no xénero Pardoglossum por Maurice Barbier & Mathez en Candollea, 28(2), p. 306, 1973.

Etimoloxía

Pardoglossum: nome xenérico que deriva do idioma latín = "leopardo" e glossum = "lingua", referíndose ao parecido das súas follas coa lingua dun leopardo. cheirifolium: epíteto aludindo ás follas parecidas ás do aleli.

Sinonimia

Anchusa lanata L. Cynoglossum argenteum Lam. Cynoglossum arundanum Coss. Cynoglossum cheirifolium L. - basiónimo Cynoglossum cheirifolium var. antiatlanticum Molero & J.M.Monts. Cynoglossum cheirifolium var. heterocarpum Kunze Cynoglossum clavatum Viv. Cynoglossum decipiens Lojac. Cynoglossum heterocarpum (Kunze) Willk. Cynoglossum lineatum Risso ex Ces., Pass. & Gibert Pardoglossum cheirifoliumvar. arundanum (Coss.) Mathez Pardoglossum cheirifolium subsp. heterocarpum (Kunze) Mathez Pardoglossum lanatum (L.) Barbier & Mathez

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Herbario virtual do Mediterráneo Occidental

Categoría:Flora da conca mediterránea Categoría:Flora de Galicia Categoría:Boraginaceae