A Cerinthe major é unha planta da familia das Boraginaceae. miniatura|320x320px|Planta en flor miniatura|320x320px|Detalle da flor
Descrición Planta anual, glabra, de 15-80 cm de altura. Talo erecto, ramificado. Follas verde-azuladas con manchas brancas, con pequenas protuberancias, ciliadas, as inferiores curtamente pecioladas, espatuladas, as superiores sésiles, ovaladas, acorazonadas pola base, de 3-6 cm de longo e até 1,5 cm de ancho. Flores inclinadas, en acios terminais. Esporófilos ovais, con frecuencia de ton violeta, tan longos ou máis que o cáliz. 5 sépalos de lonxitude desigual. Corola amarela, de ton violeta amarronado pola base, na garganta cun anel marrón avermellado, tubular, de 1,5-2 (3) cm de longo e até 8 mm de ancho, máis do dobre de longo que o cáliz. Marxe moi curta, por arriba escotado ou pouco dentado, moi revolto, núcula denegrida, glabra.
Hábitat Terreos de cultivos e baldíos. Marxes dos camiños.
Distribución No Mediterráneo e Portugal.
Propiedades Indicacións: é utilizado como diurético, antiescorbútico. Usado en ictericia.
Taxonomía Cerinthe minor foi descrita por Carl von Linné e publicada en Species Plantarum 1: 136. 1753.
Citoloxía
Número de cromosomas de Cerinthe major (Fam. Boraginaceae) e taxóns infraespecíficos: 2n=16Chromosome numbers of some flowering plants of Spain and France. Gadella, Th., E. Kliphuis & E. A. Mennega (1966) Acta Bot. Neerl. 15(2): 484-489
Sinonimia
Cerinthe aspera Roth Cerinthe gymnandra Gasp. Cerinthe longiflora Viv. Cerinthe oranensis Batt. Ceranthe acuta (Moench) Opiz Cerinthe acuta Moench Cerinthe alpina Vis. Cerinthe aperta Clairv. Cerinthe glabra subsp. longiflora (Viv.) Kerguélen Cerinthe glauca Moench Cerinthe major subsp. elegans (Fiori) Giardina & Raimondo Cerinthe major var. elegans Fiori Cerinthe strigosa Rchb. Cerinthe versicolor Hallier ex Steud.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Plantas medicinais Categoría:Flora da conca mediterránea Categoría:Flora de Galicia Categoría:Boraginaceae