David Calle Parrilla, nado en Coslada, Madrid, o 15 de decembro de 1972, é un enxeñeiro de telecomunicacións, profesor e youtuber español, fundador da web Unicoos.
Traxectoria Licenciouse na Universidade Politécnica de Madrid e comezou a traballar en Xfera - Yoigo. Despois dunha crise no sector das telecomunicacións en 2005, volveu dar clases, como fixera cando era estudante. En 2007, fundou unha academia preto de Madrid. Consciente da necesidade de máis horas de ensino para a comprensión dos conceptos técnicos, comezou a utilizar YouTube para titoriais en 2011, creando así a súa canle, Unicoos, que se converteu nunha organización educativa de referencia para os hispanofalantes, ofrecendo clases de matemáticas e ciencias para estudantes de bacharelato e da universidade. En 2014 expandiu Unicoos cunha plataforma web, proporcionando educación gratuíta en liña. Agora, en 2023, a súa canle ten case 1,5 millóns de subscritores e recibiu o Botón Ouro de YouTube.
En 2017, estivo entre os dez finalistas do Global Award for Teaching e foi nomeado unha das persoas máis creativas do mundo segundo Forbes. Como conferenciante, participou en ciclos de Afundación e FaroEduca do Faro de Vigo.
Obra publicada
No te rindas nunca (2015) Barcelona: Temas de hoy. ISBN 9788499985107 ¿Cuánto pesan las nubes? (2018) Plaza & Janés. ISBN 9788401020889
Notas
Categoría:Nados en 1972 Categoría:Profesores de España Categoría:Nados en Coslada