Buglossoides arvensis é unha planta da familia das Boraginaceae. miniatura|393x393px|Ilustración.

Descrición Buglossoides arvensis (sen., Lithospermum arvense) é unha especie anual, normalmente con talo de pelos hirsutos e erecto de 1-5 dm ou máis. Follas caulinares oblongas a lineais. Flores brancas ou cunha zona azul cara á metade do tubo corolino, raramente amoratadas, embudadas de 6-9 mm. Lóbulos calicinos lineais, desiguais, iguais ou máis longos que o tubo corolino. 4 núculas, con numerosas protuberancias, amarronadas. Florece na primavera. O seu aceite é apreciado polo seu alto valor en ácido omega-3 EPA, máis elevado que as sementes de liño.

Hábitat Habita en campos cultivados e lugares abertos secos.

Distribución Nativa de Europa e Asia.

Taxonomía Buglossoides arvensis foi descrita por (L.) I.M.Johnst. e publicado en Journal of the Arnold Arboretum 35(1): 42. 1954.

Citoloxía

Número de cromosomas de Buglossoides arvensis (Fam. Boraginaceae) e taxóns infraespecíficos: 2n=42Contribution à la connaissance cytotaxinomique des spermatophyta du Portugal. Fernandes, A. & M. T. Leitao (1972) Bol. Soc. Brot. ser. 2 46: 389-404

Sinonimia

Buglossoides arvensis f. cyanea R.Fern.Buglossoides arvensis en PlantList Lithospermum arvense L. Lithospermum incrassatum Guss. Margarospermum arvense (L.) Decne. Rhytispermum arvense (L.) Enlace

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Correll, D. S. & M. C. Johnston. 1970. Man. Vasc. Pl. Texas i–xv, 1–1881. The University of Texas at Dallas, Richardson. Nasir, E. & S. I. Ali (eds). 1980-2005. Fl. Pakistan Univ. of Karachi, Karachi. Wunderlin, R. P. 1998. Guide Vasc. Pl. Florida i–x, 1–806. University Press of Florida, Gainseville.

Categoría:Boraginaceae Categoría:Flora de Galicia