True Spirit é un filme australiano de 2023 dirixido por Sarah Spillane e escrito por Spillane, Cathy Randall e Rebecca Banner. O filme baseáse nas memorias homónimas de 2010 de Jessica Watson, interpretada por Teagan Croft. Ela é unha mariñeira australiana que foi galardoada coa medalla da Orde de Australia logo de tentar circunnavegar o globo con 16 anos. Estreouse o 3 de febreiro de 2023 a través de Netflix, onde conta cunha versión subtitulada en galego.

Personaxes Teagan Croft como Jessica Watson Alyla Browne como Jessica Watson de nena Cliff Curtis como Ben Bryant Anna Paquin como Julie Watson Josh Lawson como Roger Watson Bridget Webb como Emily Watson Vivien Turner como Hannah Watson Stacy Clausen como Tom Watson Todd Lasance como Craig Atherton

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming

Categoría:Filmes de 2023 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Australia Categoría:Filmes ambientados en Sydney Categoría:Filmes ambientados en 2009 Categoría:Filmes de 2023 con versión en galego