A Buglossoides purpurocaerulea é unha planta da familia das Boraginaceae. miniatura|240x240px|Vista da planta.

Descrición Herba vivaz rizomatosa e peluda, de baixa a mediana; talos erectos, non ramificados. Follas de lanceoladas a elípticas estreitas, cunha punta longa, verdes escuras. Flores púrpura avermelladas que viran a azul escuro, en forma de funil, de 14-19 mm de longo e agrupadas en cimas terminais con follas que se alargan ao frutificar. Núculas brancas e brillantes. Florece na primavera.

Hábitat Lindeiros forestais e zonas de matogueira, sebes vivos.

Distribución Mediterráneo desde España cara ao leste até Turquía. Centro de Europa, Illas Británicas, sur de Rusia.

Taxonomía Buglossoides purpurocaerulea foi descrita por (L.) I.M.Johnst. e publicada en J. Arnold Arbor. 35(1): 44. 1954

Aegonychon purpurocaeruleum (L.) Holub Lithospermum purpurocaeruleum L. Margarospermum purpurocaeruleum (L.) Fourr. Rhytispermum purpurocaeruleum (L.) Link

Notas

Véxase tamén

Categoría:Boraginaceae Categoría:Flora de Galicia