Alexia: Labor Omnia Vincit (tamén coñecida simplemente como Alexia, e estilizada como ALEXIA) é unha miniserie documental española de deporte sobre a xogadora de fútbol Alexia Putellas. Estreose en Amazon Prime Video o 30 de novembro de 2022, onde conta cunha versión subtitulada en galego.
A serie segue a traxectoria de Putellas durante un ano entre o seu primeiro e o seu segundo Balón de Ouro. Inicialmente pretendía documentar a historia de Putellas co Barcelona na tempada 2021–22, incluíndo a Eurocopa Feminina da UEFA 2022, mais Putellas sufriu unha lesión días antes da Eurocopa e a serie cambiou de ton e centrouse na mentalidade de Putellas.
Os títulos dos episodios están todos tomados de locucións latinas que Putellas tatuou, usadas para aludir á súa grandeza no deporte e reflectir o carácter persoal da serie.
Colaboracións As persoas que aparecen na miniserie inclúen a:
Alexia Putellas Xavi Llorens Jonatan Giráldez Mapi León Aitana Bonmatí Jana Fernàndez Irene Paredes Virginia Torrecilla Xavi Hernández Gerard Piqué Andrés Iniesta Robert Lewandowski Marc-Andre ter Stegen Ansu Fati Camille Abily Nadine Keßler Silvia Neid Martina Voss-Tecklenburg Eli Segura (nai de Putellas) Adrián Martínez (fisioterapeuta de Putellas) Miriam Chaves (amiga de Putellas) Marc Guinot (amigo de Putellas)
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming
Categoría:Series de televisión en lingua castelá Categoría:Series de televisión en lingua catalá Categoría:Series de televisión en lingua alemá Categoría:Series de televisión en lingua francesa Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 2022 Categoría:Series de televisión de España Categoría:Series de televisión con versión galega