O último desafío (en ) é un filme estadounidense de 2013 dirixido por Kim Jee-woon, no seu debut como director dun filme estadounidense. Está protagonizado por Arnold Schwarzenegger, xunto con Forest Whitaker, Johnny Knoxville, Rodrigo Santoro, Jaimie Alexander, Luis Guzmán, Eduardo Noriega, Peter Stormare, Zach Gilford e Genesis Rodriguez e foi escrito por Andrew Knauer. Foi o primeiro papel protagonista de Arnold Schwarzenegger dende Terminator 3: A rebelión das máquinas en 2003. O filme céntrase nun duro sheriff dunha vila pequena e os seus axundantes que deben impedir que un perigoso capo da droga escape a México nun coche deportivo modificado.

A rodaxe produciuse en Belen, Novo México e Nevada a finais de 2011. Estreouse o 14 de xaneiro de 2013 en Grauman's Chinese Theatre e estreouse nos cinemas dos Estados Unidos o 18 de xaneiro de 2013 a través de Lionsgate, recibindo valoracións dispares dos críticos e recadou 48,3 millóns de dólares en todo o mundo fronte a un orzamento de 45 millóns de dólares.

Estreouse en galego o 19 de xullo de 2023 a través da TVG.

Personaxes Arnold Schwarzenegger como Sheriff Ray Owens Johnny Knoxville como Lewis Dinkum Forest Whitaker como Axente John Bannister Jaimie Alexander como Delegada Sarah Torrance Luis Guzmán como Delegado Mike Figuerola Eduardo Noriega como Gabriel Cortez Rodrigo Santoro como Frank Martinez Peter Stormare como Thomas Burrell Zach Gilford como Delegado Jerry Bailey Genesis Rodriguez como Axente Ellen Richards Daniel Henney como Axente Phil Hayes Tait Fletcher como Eagan John Patrick Amedori como Axente Aaron Mitchell

Notas

Categoría:Filmes de 2013 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Kim Ji-woon Categoría:Filmes de Lions Gate Entertainment Categoría:Filmes ambientados en Novo México Categoría:Filmes ambientados nos Ánxeles Categoría:Filmes de 2013 con versión en galego