miniatura|180px| 55px 70px O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972. O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural. Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Palestina, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. Palestina ratificou a convención o 8 de decembro de 2011, convertendo os seus lugares en elixíbeis para a súa inclusión na lista.
Lista de lugares Patrimonio da Humanidade Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade Rexión: de Palestina Ano da inclusión: na lista da UNESCO Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (i) a (vi) son culturais, mentres que de (vii) a (x) son naturais.
Nº Nome Imaxe Localización Ano da inclusión 01Lugar de Nacemento de Xesús: Basílica da Natividade e ruta de peregrinación en Belén200px| Gobernación de Belén 2012 1433; iv, vi (cultural)02Palestina: terra de oliveiras e viñas – Paisaxe cultural do sur de Xerusalén, Battir200px| Gobernación de Belén 2014 1492; iv, v (cultural)03Cidade Vella de Hebrón200px|Gobernación de Hebrón 2017 1565; ii, iv, vi (cultural)04Antigo Xericó / Tell es-Sultan200px|Gobernación de Xericó 2023 1687; i, ii, iii, iv (cultural)05Tell Umm el-'Amr200px|Gobernación de Deir al-Balah 2024 1749; II, III, VI (cultural)
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Patrimonio da Humanidade por país