O fin xustifica os medios ou os fins xustifican os medios é unha frase pronunciada polo poeta romano Ovidio na súa obra Heroides. Esta frase é frecuentemente atribuída erroneamente a Niccolò Maquiavelo.
Significa que os gobernantes deben elevarse por riba da ética dominante para manter ou aumentar o seu poder. Popularmente tamén se emprega a frase para xustificar o uso de medios deshonestos ou violentos para conseguir un fin determinado, supostamente lexítimo.
Na súa obra O príncipe, Maquiavelo crea un verdadeiro “Manual de Política”, sendo interpretado de varias maneiras, principalmente de forma inxusta e pexorativa. O autor e a súa obra pasaron a ser vistos como perniciosos, e forxouse aí a idea de que a expresión "o fin xustifica os medios" se atopa na súa obra. Aínda que a expresión non se atopa no texto orixinal, converteuse nunha interpretación popular do "pensamento maquiavélico", que é unha expresión con prexuízos para referirse ao pensamento de Maquiavelo. O que afirma, en O Príncipe, é que o gobernante debe actuar conforme á ética sempre que sexa posible, partindo do concepto de razón de Estado, necesario para o mantemento do poder como un ben ético.Os fins justificam os meios . Por Renato Janine Ribeiro (adaptação de Caroline Svitras). Filosofia, Ciência & Vida, 15 de marzo de 2017.
Notas
Categoría:Ética