Spore é un videoxogo de simulación de vida e estratexia para Microsoft Windows e Mac deseñado por Will Wright que simula a evolución dunha especie dende as etapas máis primitivas (seres unicelulares) até a colonización da galaxia.

Temática esquerda|miniatura|225x225px|Will Wright, desenvolvedor do xogo Spore, e antes diso do videoxogo The Sims. Spore é un xogo que trata o tema da evolución, xa que o xogador decide o proceso evolutivo da criatura, aínda que dun xeito máis amplo: o xogador moldea e guía unha especie a través de moitas xeracións, pasando dun simple organismo unicelular a un animal máis complexo, até que a especie alcanza un certo nivel de intelixencia. Neste punto o xogador comeza a moldear e liderar esta sociedade, progresando desde os albores da civilización até acadar a capacidade de explorar o espazo.

Desenvolvemento O xogo foi desenvolvido por Maxis e foi publicado por Electronic Arts o 7 de setembro de 2008 nos Estados Unidos, e o día 5 en Europa e Brasil (data oficial). O prezo do xogo roldaba os 50 €. Tamén houbo unha edición especial chamada "Edición Galáctica" que incluía dous DVD extra (" Como se fixo" e "Como facer a mellor creación"), un libro de "A arte de Spore" e un cartel pregado, ambos en inglés con subtítulos en castelán. Electronic Arts lanzou ao mercado o Creature Creator completo o 17 de xuño a un prezo de 9,95 euros, pero había unha versión gratuíta dispoñíbel na páxina oficial de Spore que contiña o 25% do contido da versión de pago. Esta aplicación incluíuse no xogo Spore.

A data de lanzamento en España foi o 4 de setembro de 2008. Para PC, Mac, Nintendo DS e plataformas móbiles. A versión para iPhone e iPod Touch foi lanzada o 8 de setembro.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Will Wright: Spore, birth of a game | TED Talk

Categoría:Videoxogos de estratexia Categoría:Videoxogos de Mac Categoría:Videoxogos de Windows Categoría:Videoxogos de Electronic Arts