Luís Pousa Rodríguez, coñecido como Luís Pousa, nado en Lugo en 1971, é un matemático, profesor e xornalista galego.
Traxectoria Residente desde meniño na Coruña, licenciouse en Matemáticas pola Universidade de Santiago, ampliou estudos na University College Dublin e na Universidade de Barcelona, a súa tese de doutoramento é El paraíso de Cantor. Una aproximación matemática y filosófica al infinito (USC, 2019). Foi profesor de Estatística no grao de ADE e de Fundamentos Matemáticos no grao de Arquitectura no Centro de Estudios Superiores Universitarios de Galicia (2019-2023).
Pertence á Real Sociedade Matemática Española e ten colaborado en medios como Jot Down, Radio Galega e as revistas Excellence e Ronda, do grupo IAG-Iberia. Tamén escribe no suplemento Papel Literario, do diario venezolano El Nacional.
É xornalista desde 1996, primeiro en El Ideal Gallego e desde o 2000 ata xullo do 2023 en La Voz de Galicia, no que foi xefe de sección de Cultura e Televisión (2010-2013) e Opinión.
Obra Poesía
El ombligo del mar (2008). Reeditado no 2015 por Reino de Cordelia. Prólogo de Eduardo Lago. ISBN 978-8415973584.
Poemas para Flash Gordon (2017). Reino de Cordelia. 72 páxs. ISBN 978-84-16968-28-2.
Narrativa La noche de las palabras (2009). Arenas. 168 páxs. ISBN 978-84-95100-33-7.
Breviario del bus (2013). Rey Lear. Prologado por Enrique Vila-Matas e ilustrado por Miguel Ángel Martín. ISBN 9788494092596. Atlantic City (2015). La Voz de Galicia, Biblioteca Gallega. Crónicas de rúa da Coruña. El cielo invisible (2020). Reino de Cordelia. 88 páxs. ISBN 978-84-18141-18-8.
Libros colectivos El libro del voyeur (2010). Ediciones del Viento. Debuxos de Pablo Gallo e textos de 69 escritores.
España negra (2013). Rey Lear. Escolma policial con contos de 27 autores. Escrito en el agua (2015). Reino de Cordelia El libro de las invocaciones (2016). Reino de Cordelia.
Premios IX premio literario Fernando Arenas Quintela por La noche de las palabras (2009). Premio de xornalismo Francisco Fernández del Riego 2015 polo artigo "Galicias". Premio de xornalismo Julio Camba 2020 polo artigo "En Madrid llueve mal".
Notas
Categoría:Nados en Lugo Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Matemáticos de Galicia Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Nados en 1971 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade de Barcelona