Myosotis secunda é unha planta herbácea da familia das boraginaceae.
Descrición Herba anual, bienal ou perenne. Talos con estolóns enraizantes que xorden das axilas das follas inferiores con pelos patentes na base de 15-40 cm de lonxitude. Follas alternas, máis ou menos elípticas, duns 4 cm de lonxitude. Inflorescencia en cima escorpioide (asemellando á cola dun escorpión); cáliz tubular con 5 lóbulos; corola tubular-rotada, de até 8 mm de diámetro, con 5 lóbulos redondeados, de cor azul brillante. Froito formado por 4 pequenas noces. Núculas negras. Florece na primavera e verán.
Hábitat Nos lugares húmidos.
Distribución En Gran Bretaña, Francia, Bélxica, Irlanda, España e Portugal.
Taxonomía Mimophytum secunda foi descrita por Alexander Murray e publicada en The northern flora 115. 1836.
Citoloxía
Número de cromosomas de Myosotis secunda (Fam. Boraginaceae) e taxóns infraespecíficos: n=24Kariological studies on Spanish Boraginaceae. VI. Contribution to the tribe Eritrichieae. Luque, T. (1992) Bot. J. Linn. Soc. 110: 77-94
Etimoloxía
Myosotis: nome xenérico que deriva do grego: mys, myos, que significa "ratonciño" e otos, que significa "orella", aludindo á forma da folla nalgunhas das especies do xénero.
secunda: epíteto latíno que significa "segunda"En Epítetos Botánicos
Notas
Categoría:Plantas descritas en 1836 Categoría:Flora de Europa Categoría:Boraginaceae Categoría:Flora de Galicia