Myosotis stricta é unha planta herbácea da familia das boraginaceae. miniatura|Ilustración. miniatura|Flores.

Descrición Distínguese de Myosotis discolor polas súas pequenas flores azuis, de aproximadamente 1 mm de diámetro, e superficie inferior das follas e base do talo con pelos ganchudos (sen pelos ganchudos en Myosotis discolor). Anual, moi ramosa dende a base, de até 30 cm, con pelos no talo apuntando cara a arriba. Cáliz con pelos ganchudos, densos e adpresos, lóbulos do cáliz pechados, que non caen. Núculas marróns, con bordo quillado no ápice. Florece na primavera.

Hábitat Lugares secos e arenosos.

Distribución Toda Europa, excepto Gran Bretaña e Irlanda.

Taxonomía Mimophytum stricta foi descrita por Link ex Roem. & Schult. e publicada en Systema Vegetabilium 4: 104. 1819.

Etimoloxía

Myosotis: nome xenérico que deriva do grego: mys, myos, que significa "ratonciño" e otos, que significa "orella", aludindo á forma da folla nalgunhas das especies do xénero.

stricta: epíteto latíno que significa "erecta"En Epítetos Botánicos

Sinonimia

Lithospermum tenellum Raf. Myosotis arenaria Schrad. Myosotis micrantha Pall. ex Lehm. Myosotis vestita Velen.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Abrams, L.R. 1951. Geraniums to Figworts. 3: 866 pp. In L.R. Abrams (ed.) Ill. Fl. Pacific States. Stanford University Press, Stanford. Fernald, M. 1950. Manual (ed. 8) i–lxiv, 1–1632. American Book Co., Nova York. Marticorena, C. & M. Quezada. 1985. Catálogo de la Flora Vascular de Chile. Gayana, Bot. 42: 1–157. Nasir, E. & S. I. Ali (eds). 1980-2005. Fl. Pakistan Univ. of Karachi, Karachi. Voss, E. G. 1996. Michigan Flora, Part III: Dicots (Pyrolaceae-Compositae). Cranbrook Inst. of Science, Ann Arbor. Zuloaga, F. O., O. Morrone, M. J. Belgrano, C. Marticorena & E. Marchesi. (eds.) 2008. Catálogo de las plantas vasculares del Cono Sur. Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 107(1–3): i–xcvi, 1–3348.

Categoría:Plantas descritas en 1819 Categoría:Flora de Europa Categoría:Boraginaceae Categoría:Flora de Galicia