Jacob Benjamin "Jake" Gyllenhaal, nado nos Ánxeles (California) o 19 de decembro de 1980, é un actor estadounidense. Foi nomeado ós Premios Óscar e ó British Academy of Film and Television Arts.
Traxectoria Fillo do director sueco Stephen Gyllenhaal e a guionista Naomi Foner, comezou a actuar con 11 anos nun filme do seu pai.
Os papeis máis exitosos de Gyllenhaal comezaron no 1999 con October Sky película na que se conta a historia real duns amigos que viven nunha pequena vila dos Estados Unidos na década de 1950 e que tras observar o lanzamento dun foguete por parte dos rusos deciden construír os seus propios trebellos. En 2001 con Donnie Darko, no que aparece xunto á súa irmá Maggie Gyllenhaal e no cal facía o papel dun esquizofrénico. No 2002 protagonizou O neno burbulla, aínda que este filme non tivo grande éxito comparado cos dous anteriores. En 2004 protagoniza The Day After Tomorrow, no que facía dun estudante atrapado nunha catástrofe natural provocada polo quentamento global. O ano seguinte realizou o papel cume na súa carreira o cal o levou a gañar varios premios entre o que se atopa o premio da Academia BAFTA como mellor actor secundario no seu papel como vaqueiro homosexual no filme Brokeback Mountain, no cal traballou xunto con Heath Ledger. Este filme baséase na novela de Annie Proulx. Nese mesmo ano protagoniza a película Jarhead xunto co seu cuñado, Peter Sarsgaard, onde se mete no papel dun marine que viaxa a Iraq para loitar contra as tropas de Sadam Hussein.
Filmografía Ano Filme Papel Notas 1991 City Slickers Danny Robbins 1993 Josh and S.A.M. Leon A Dangerous Woman Edward como Jacob Gyllenhaal 1998Homegrown Jake/Blue Kahan 1999 October Sky Homer Hickam Jr. 2001 Donnie Darko Donald J. "Donnie" Darko Bubble Boy Jimmy Livingston Lovely & Amazing Jordan 2002 Highway Piloto Kelson Moonlight Mile Joe Nast The Good Girl Thomas 'Holden' Worther 2003 Abby Singer Himself (Cameo) 2004 The Day After Tomorrow Sam Hall 2005 Brokeback Mountain Jack Twist Jarhead Anthony Swofford ("Swoff") Proof Harold 'Hal' Dobbs 2007 Zodiac Robert Graysmith Rendition Douglas Freeman 2009 Brothers Tommy Cahill Nailed Howard Birdwell 2010 Prince of Persia: The Sands of Time Príncipe Dastan Love and Other Drugs 2011 Source Code Colter Stevens 2012 End of Watch Bryan Taylor 2013 Prisoners Detective Loki 2014Enemy
NightCrawler
Everest Adam Bell / Anthony Clair
Lou
Notas
Véxase tamén
Categoría:Actores de California Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores infantís dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1980 Categoría:Nados nos Ánxeles Categoría:Produtores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Estadounidenses de ascendencia inglesa