O termo Prisma pode referirse a:

Prisma (xeometría), poliedro; Prisma (óptica), elemento para refractar a luz; Prisma de acreción, masa de sedimentos e codia oceánica deformada, que se acumula en forma de cuña na zona de subducción (zona de contacto entre dúas placas que converxen); Prisma de xeo, constituído por cristais de xeo con forma de agullas ou láminas, tan pequenos que semellan estar suspendidos no aire; Prisma (revista) (1936-1941), revista portuguesa de Porto; Chevrolet Prisma; un automóbil de Chevrolet; Lancia Prisma; un automóbil de Lancia.

Véxase tamén Outros artigos

Prismos, lugar da parroquia de Maniños, no concello de Fene; 1192 Prism, asteroide; Binóculo ou prismáticos, instrumento óptico empregado para ampliar a imaxe dos obxectos afastados, igual que o anteollo e o telescopio, mais a diferenza destes provoca o efecto da estereoscopía na imaxe e por iso é máis cómodo apreciar a distancia entre obxectos afastados e seguilos en movemento.