Graciela del Carmen Huinao Alarcón, nada en Osorno o 14 de outubro de 1956, é unha narradora e poeta mapuche-huilliche en lingua castelá,«Huinao: La lengua mapuche sobrevive por la conciencia de su pueblo», El Telégrafo, 13.11.2015; consultado o 22.06.2017 primeira muller indíxena en ingresar na Academia Chilena da Lingua.
Traxectoria Filla de Herminia Alarcón e Dolorindo Huinao (neta de Adolfo Huinao e Almerinda Loi Katrilef; bisneta de José Loi) ingresou na Escola 107 en 1962; en 1969, cando tiña 13 anos, perdeu á súa nai e 8 anos máis tarde, en 1977, ao seu pai, despois do cal emigrou a Santiago de Chile.Breve biografía con dos poemas
Huinao publicou o seu primeiro poema, «La loika», en 1989 e o seu primeiro libro Walinto, en 2001 (foi reeditado en 2008 en mapuche, español e inglés). O nome deste poemario é o da comunidade mapuche na que naceu, situada a 36 quilómetros de Osorno.
Escribiu así mesmo relatos, unha novela e antologado algúns libros, como Hilando en la memoria, 7 poetas mapuche (2006), Hilando en la memoria, epu rapa. 14 mujeres poetas mapuche (2009).
Algunhas das súas obras foron traducidas a diversas linguas.
Obras Walinto, poemario, edición bilingüe, con tradución ao mapuche de Clara Antinao Varas; editorial La Garza Morena, Santiago, 2001 (reeditado por Cuarto Propio, 2008, en volume trilingüe: mapuche-castelán-inglés) La nieta del brujo, seis relatos williche, Caballo de Mar, 2003 Desde el fogón de una casa de putas williche, novela, CDM, 2010 Katrilef, hija de un ülmen mapuche williche. Relato de su vida, ICIIS, 2015«Graciela Huinao lanza libro de relatos inspirados en su bisabuela williche», ''El Ciudadano, 10.07.2015; consultado o 22.06.2017
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sobre Walinto
Categoría:Pobo huilliche Categoría:Nados en Osorno Categoría:Nados en 1956 Categoría:Poetas de Chile Categoría:Escritores de Chile Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Escritores mapuches Categoría:Membros da Academia Chilena da Lingua