miniatura|400px|Compostos retinoides de 1ª, 2ª e 3ª xeración.

Os retinoides son unha clase de compostos químicos tetraterpénicos que son vitámeros da vitamina A ou están quimicamente relacionados con ela. Os retinoides úsanse en medicina como reguladores do crecemento de células epiteliais.

Os retinoides teñen importantes funcións en todo o corpo, incluíndo papeis na visión, regulación da proliferación celular e diferenciación, crecemento do tecido óseo, función inmune e activación de xenes supresores de tumores.

Tamén se están facendo investigacións sobre a súa capacidade de tratar o cancro de pel. Actualmente, a alitretinoína (ácido 9-cis-retinoico) pode utilizarse topicamente para axudar a tratar as lesións de pel do sarcoma de Kaposi e a tretinoína (ácido todo-trans- retinoico) utilízase para tratar a leucemia promielocítica aguda.

Tipos

Hai catro xeracións de retinoides: A primeira xeración inclúe os seguintes: retinol, retinal, tretinoína (ácido retinoico), isotretinoína e alitretinoína Entre os da segunda xeración está o etretinato e o seu metabolito acitretino Os de terceira xeración son: adapaleno, bexaroteno e tazaroteno Da cuarta xeración é o Trifarotene.

Estrutura

A estrutura básica da molécula retinoide hidrófoba consta dun grupo terminal cíclico, unha cadea lateral polieno e un grupo polar terminal. O sistema conxugado formado por dobres enlaces C=C alternados na cadea lateral polieno é responsable da cor dos retinoides (xeralmente amarela, laranxa ou vermella). Por tanto, moitos retinoides son cromóforos. As alternancias das cadeas laterais e grupos terminais xeran varias clases de retinoides.

Os retinoides de primeira e segunda xeración poden unirse a varios receptores retinoides debido á flexibilidade que lle dá a alternancia de enlaces simples e dobres.

Os retinoides de terceira xeración son menos flexibles que os de primeira e segunda e, por tanto, interaccionan con poucos receptores retinoides.

O retinoide de cuarta xeración Trifarotene, únese selectivamente ao receptor de RAR-y. Foi aprobado o seu uso en EUA en 2019.

Absorción A fonte principal de retinoides na dieta son pigmentos vexetais como carotenos e retinil ésteres derivados de fontes animais. Os retinil ésteres son hidrolizados no lume intestinal para render retinol libre e o correspondente ácido graxo (é dicir, palmitato ou estearato). Despois da hidrólise, o retinol é captado polos enterocitos. A hidrólise de retinil ésteres require a presenza de sales biliares que serven para solubilizar os retinil ésteres en micelas mesturadas e para activar os encimas hidrolizantes Noy, N. (2006) "Vitamin A", "Biochemical, Physiological, & Molecular Aspects of Human Nutrition", M. H. Stipanuk 2ª Ed.

Varios encimas que están presentes no lume intestinal poden estar implicados na hidrólise dos retinil ésteres dietarios. A colesterol esterase secrétase no lume intestinal desde o páncreas e demostrouse in vitro que presenta actividade de retinil éster hidrolase. Ademais, unha retinil éster hidrolase que é intrínseca á membrana do bordo en cepillo do intestino delgado foi caracterizada na rata e nos humanos. Os diferentes encimas hidrolizantes son activados por diferentes tipos de sales biliares e teñen distintas especificidades de substrato. Por exemplo, mentres que a esterase pancreática é selectiva para os retinil ésteres de cadea curta, os encimas da membrana do bordo en cepillo hidrolizan preferencialmente retinil ésteres que conteñen ácidos graxos de cadea longa como o palmitato ou o estearato. O retinol entra nas células absorbedoras do intestino delgado, preferentemente en forma de todo-trans-retinol.

Usos Condicións cutáneas comúns tratadas con retinoides son o acne e a psoríase. Os retinoides utilízanse no tratamento de moitas doenzas e son efectivas no tratamento de varias condicións dermatolóxicas como trastornos inflamatorios da pel,Callender VD, Baldwin H, Cook-Bolden FE, Alexis AF, Stein Gold L, Guenin E. Effects of Topical Retinoids on Acne and Post-inflammatory Hyperpigmentation in Patients with Skin of Color: A Clinical Review and Implications for Practice. Am J Clin Dermatol. 2022 Jan;23(1):69-81. doi: 10.1007/s40257-021-00643-2. Epub 2021 Nov 9. PMID: 34751927 ; PMCID: PMC8776661.Orfanos, C. E., Zouboulis, C. C., Almond-Roesler, B., & Geilen, C. C. (1997). Current use and future potential role of retinoids in dermatology. Drugs, 53(3), 358–388. https://doi.org/10.2165/00003495-199753030-00003 cancro de pel, como o bexaroteno para as micoses fungoides,Sokołowska-Wojdyło M, Lugowska-Umer H, Maciejewska-Radomska A. Oral retinoids and rexinoids in cutaneous T-cell lymphomas. Postepy Dermatol Alergol. 2013 febreiro;30(1):19-29. doi: 10.5114/pdia.2013.33375. Epub 20 febreiro 2013. PMID: 24278042 ; PMCID: PMC3834697. trastornos polo incremento da substitución celular (por exemplo na psoríase), fotoenvellecemento, e enrugas da pel.

A isotretinoína foi orixinalmente un tratamento de quimioterapia para certos cancros, como a leucemia.Alkhaldy HY, Assiri AM, Fatima S, Owaidah T. Isotretinoin is active in the initial management of acute pro-myelocytic leukemia. Leuk Res Rep. 2020 Aug 7;14:100220. doi: 10.1016/j.lrr.2020.100220. PMID: 32817817 ; PMCID: PMC7426566.

Toxicidade Os efectos tóxicos ocorren cunha inxesta alta prolongada. A toxicidade específica está relacionada co tempo de exposición e a concentración da exposición. Un signo médico de envelenamento crónico é a presenza de inchamentos brandos dolorosos nos ósos longos. Poden darse anorexia, lesións da pel, perda de cabelo, hepatoesplenomegalia, papiloedema, hemorraxia, malestar xeral, pseudotumor cerebral e morte.Standard of Care Retinoids

A sobredose crónica tamén causa un incremento da labilidade de membranas biolóxicas e despréndese a capa eterna da pel.

Investigacións recentes suxeriron un papel para os retinoides en efectos cutáneos adversos dunha variedade de fármacos, como o fármaco antimalárico proguanil. Propúxose que os fármacos como o proguanil actúan distorsionando a homeostase retinoide.Helsby, N. A., Ward, S. A., Parslew, R. A., Friedmann, P. S., & Rhodes, L. E. (1998). Hepatic cytochrome P450 CYP2C activity in psoriasis: studies using proguanil as a probe compound. Acta dermato-venereologica, 78(2), 81–83. https://doi.org/10.1080/000155598433359

Os sistemas retinoides (isotretinoína, etretinato) están contraindicados durante o embarazo, xa que poden causar defectos no sistema nervioso central, cranio-faciais e cardiovasculares entre outros.Choi JS, Koren G, Nulman I. Pregnancy and isotretinoin therapy. CMAJ. 19 de marzo de 2013;185(5):411-3. doi: 10.1503/cmaj.120729. Epub 7 de xaneiro de 2013. PMID: 23296582; PMCID: PMC3602257.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Hipervitaminose A

Bibliografía The Pharmacological Basis of Therapeutics, 10ª edición, Goodman & Gilman. Clinical Pharmacology, P.N. Bennett & M.J. Brown.

Ligazóns externas

Categoría:Retinoides