Unha pantasma anda solta pola casa (en ) é un filme estadounidense de 2023 escrito e dirixido por Christopher Landon. Baséase na historia curta de 2017 "Ernest" escrita por Geoff Manaugh. Está protagonizado por David Harbour, Jahi Winston, Tig Notaro, Jennifer Coolidge e Anthony Mackie. Estreouse o 24 de febreiro de 2023 a través de Netflix, onde conta con opción subtitulada ao galego. Recibiu valoracións dispares por parte da crítica.
Personaxes
Anthony Mackie como Frank Presley David Harbour como Ernest Jahi Winston como Kevin Presley Tig Notaro cmo Dr. Leslie Monroe Erica Ash como Melanie Presley Jennifer Coolidge como Judy Romano Faith Ford como Barbara Mangold Niles Fitch como Fulton Presley Isabella Russo como Joy Yoshino Scott A Martin como Sheriff Brown Steve Coulter como Deputy Director Arnold Schipley Jo-Ann Robinson como June Tom Bower como Ernest Scheller
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming
Categoría:Filmes de 2023 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Christopher B. Landon Categoría:Filmes de Temple Hill Entertainment Categoría:Filmes de 2023 con versión en galego