Dorothy Millicent Horstmann, nada en Spokane o 2 de xullo de 1911 e finada en New Haven o 11 de xaneiro de 2001, foi unha epidemióloga, viróloga e pediatra estadounidense cuxa investigación sobre a propagación do poliovirus no fluxo sanguíneo humano axudou a sentar as bases para o desenvolvemento da vacina contra a poliomielite. Foi a primeira muller nomeada como profesora permanente na Escola de Medicina de Yale.

The Woman with the Cure é unha novela de ficción histórica, escrita por Lynn Cullen e lanzada por Berkley en 2023, baseada na importante participación de Horstmann na procura das causas da poliomielite.

Notas

Categoría:Finados por alzhéimer Categoría:Alumnos da Universidade de California, Berkeley Categoría:Alumnos da Universidade de California, San Francisco Categoría:Nados en 1911 Categoría:Nados en Washington Categoría:Finados en 2001 Categoría:Personalidades sen imaxes